Un nicho para Marilyn
Un nicho para Marilyn é unha novela negra escrita por Miguel Anxo Fernández Fernández publicada en xaneiro de 2003. É a primeira entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.
Un nicho para Marilyn | |
---|---|
Título orixinal | Un nicho para Marilyn |
Autor/a | Miguel Anxo Fernández Fernández |
Cuberta | Manuel Janeiro |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Literaria nº 187 |
Xénero(s) | Novela negra |
Editorial | Galaxia |
Data de pub. | xaneiro 2003 |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 144 |
ISBN | ISBN 978-84-8288-672-5 |
Seguido por | Luar no inferno |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama Editar
Frank Soutelo recibe o encargo dunha señora maior, ex-actriz de segunda fila, de atopar o cadáver de Marilyn Monroe, dado que o seu nicho está baleiro.
O detective indaga no camposanto máis famoso dos Ánxeles, cheo de restos de famosos de Hollywood. Alí contacta con Tabasco, un policía de orixe mexicana adscrito a unha brigada especial. Dita brigada encárgase de loitar contra o contrabando de cadáveres, algo común entre necrófilos e entre xente podente que desexa ter os restos dos seus seres adorados.
Narración Editar
O libro está narrado en primeira persoa, pero con moitas chiscadelas* ó lector. Porén, en certas ocasións trátase dun narrador omnisciente, que coñece os sentimentos e situacións que non coñece o detective, narrador principal. Malia todo, recoñece que para a narración, non escrita de modo voluntario, senón que foi requirida por unha editorial, foi axudado por varios "negros"·
Ó ser a primeira aventura da saga, ocupa certo tempo en presentarse. Fala da súa orixe e do seu pasado, así como de como coñeceu á súa secretaria e de relación entre eles.
O detective coñece moi ben a cidade californiana polos seus tempos de policía, pero tamén coñece bos restaurantes rexentados por galegos. Axudado pola súa secretaria Pat, desenvólvese ben en diferentes ambientes, utilizando diferentes vehículos e traxes segundo a situación o requira.
Ademais de moitas referencias cinematográficas, tamén hai homenaxes á cultura galega, como na gastronomía ou na música.
Traducións Editar
- Ao inglés por Kathleen March co título de A Niche for Marilyn publicado en 2016 por Harvill Secker[1].
Notas Editar
- ↑ Ficha Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.