Un home que xaceu aquí
Un home que xaceu aquí é unha novela negra escrita por Aníbal Malvar, publicada en 1993 por Sotelo Blanco. Ambientada en novembro de 1992, ten por protagonista a Xosé María Bernal, profesor na Universidade de Compostela.
Un home que xaceu aquí | |
---|---|
Autor/a | Aníbal Malvar |
Cuberta | Fausto C. Isorna |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Colección | Medusa |
Xénero(s) | novela negra |
Editorial | Sotelo Blanco |
Data de pub. | xullo 1993 |
Formato | rústica con lapelas |
Páxinas | 208 |
ISBN | ISBN 84-7824-166-3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarXosé María Bernal é un catedrático de literatura duns 35 anos. Divorciado, vive só nun ático en Santiago de Compostela. Consome con frecuencia whisky e cocaína, e bota en falta a vida en parella.
O seu ex-sogro é un escritor mediocre e pretencioso, pero que acadou fama coa súa última novela, Xacer aquí. Un día desaparece o manuscrito da novela, que estaba en poder da editorial. Ana, Unha compañeira da facultade moi interesada en demostrar que a novela non era orixinal, senón copiada dun autor case descoñecido, pídelle axuda para atopar o manuscrito. Coa axuda dun amigo xornalista e co apoio do seu veciño, tras viaxar ata A Guarda, Ourense, León e Lisboa, descobre que foi utilizado por Ana para atopar o autor orixinal da novela.
O libro está narrado en primeira persoa, pero non é unha novela negra ó uso, pois o protagonista non é un detective, senón que se ve inmerso na investigación. Non ten demasiada acción, agás unha pelexa ó final. Porén, o estilo narrativo ten moitos trazos propios dunha historia detectivesca de novela negra: un home solitario, alcóholico, amigo da ironía e o escepticismo.
Malia desenvolverse a acción principalmente en Compostela, non se dedica demasiado texto á ambientación na cidade, algo que si se fai coa visita a Lisboa e á Guarda.