Ulva (xénero)

xénero de algas
Verzas de mar (xénero Ulva)

Leituga de mar (Ulva lactuca)
Ilustración de Sowerby's English botany 1790-1814, por James Sowerby
Clasificación científica
Dominio: Eukarya
Reino: Plantae
Filo: Chlorophyta
Clase: Ulvophyceae
Orde: Ulvales
Familia: Ulvaceae
Xénero: Ulva
L., 1753
Species

See text

Sinonimia
  • Enteromorpha Link in Nees, 1820

Ulva é un xénero que acolle diferentes algas coñecidas coma ulvas[1], verzas de mar ou xebras[2]; son oucas verdes comestíbeis que se atopan amplamente distribuídas ao longo das costas dos océanos do mundo.

A especie típica dentro do xénero Ulva é a leituga de mar[3] (Ulva lactuca), que provén da palabra lactuca do latín "leitga". O xénero tamén inclúe as especies previamente clasificadas baixo o xénero Enteromorpha, a cuxos antigos membros se lles coñece baixo o nome común de nori verde. As lamelas individuais das verzas de mar poden medrar até máis de 40 cm de tamaño, mais isto só ocorre cando as plantas medran en áreas protexidas.

Usos editar

Moitas especies de verzas de mar serven coma alimento dos seres humanos en Escandinavia, Gran Bretaña, Irlanda, a China e o Xapón (onde este alimento coñécese coma aosa). Consómense crúas en ensaladas e cocidas en sopas. Son ricas en proteínas, fibraalimentaria solúbel e nunha gran variedade de vitaminas e minerais, especialmente o ferro.

Especies editar

As especies incluídas no xénero Ulva son as seguintes:[4]

Especies aceptadas
Nomina dubia

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  2. Nomes vulgares para as especies do xénero en Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000
  3. Tamén chamada lavacán, verdello ou verza de mar- Nomes vulgares en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, de Galicia, 1991; Diccionario Cumio da lingua galega, Vigo, Ed. do Cumio, 1999; Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009. Tamén a través de Dicionario de Dicionarios da USC
  4. M.D. Guiry (2012). M. D. Guiry & G. M. Guiry, ed. "Ulva Linnaeus, 1753". AlgaeBase. National University of Ireland, Galway. World Register of Marine Species. Consultado o February 11, 2012. 
  5. Nome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar