Ulva intestinalis

especie de alga
Ulva intestinalis
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Chlorophyta
Clase: Ulvophyceae
Orde: Ulvales
Familia: Ulvaceae
Xénero: 'Ulva'
Especie: ''U. intestinalis''
Nome binomial
'Ulva intestinalis'
(L.)
Sinonimia
  • Enteromorpha intestinalis

Ulva intestinalis é unha alga verde no filo Chlorophyta, do xénero Ulva (verzas de mar). Até que foi reclasificado mediante estudos xenéticos na década do 2000, os membros tubulares do xénero Ulva estaban clasificados no xénero Enteromorpha.

A especie é empregada para preparar croquetas nos Azores.[1][2]

Distribución editar

A especie é de distribución cosmopolita, estando presente nas augas temperadas de ambos os hemisferios, preferindo hábitats costeiros ricos en nutrientes. É a alga máis frecuente no Mar Báltico e en boa parte do litoral do noroeste europeo[3].

Encóntrase no mar de Bering cerca de Alasca, as illas Aleutianas, Xapón, Corea, México, Chile e Rusia.[4] Ademais, pódese encontrar en Israel, e en Europa nos Azores, Bélxica, Dinamarca, Irlanda, Noruega, Polonia, e nos mares Báltico e Mediterráneo.[5]

Descrición editar

As frondes da especie miden duns 10 a 30 cm de longo e duns 10 a 30 mm de ancho. Teñen os extremos redondeados.[6]

É unha especie anual, máis frecuente en primavera e a comezos de verán, aínda que crece durante todo o ano, en especial en sitios onde existe escorremento de auga doce,[7] xa que prefire zonas salobres de salinidade reducida. Isto dáse na zona intermareal, desde pozas pequenas permanentes do supralitoral até profundidades de 7 a 9 m. Tamén se dá en ambientes de estuarios e fluviais onde existe unha salinidade é moi reducida,[3] en xeral asociada a situacións de eutrofía.[8][9]

Os filamentos están formados por células grandes, distribuídas nun gran conxunto irregular.[7] A cor verde moi clara, ás veces esbrancuxada no bordo dos filamentos expostos ao aire nas pozas costeiras, fan a esta alga conspicua, destacando polo seu brillo, con respecto as outras especies de algas. Os filamentos adoitan atrapar burbullas de aire, que lles outorgan flotación.

Son algas eurihalinas filamentosas, de cor verde clara brillante, formando talos tubulares non ramificados.[7] Crecen na zona intermarea superior, sobre substrato rochoso consolidado ao que se fixan mediante filamentos rizoidais verde-escuros, espesos e fibrosos.

Notas editar

  1. Receita de Tortas de Erva do Calhau.
  2. Fotografias de tortas de erva-patinha.
  3. 3,0 3,1 Beata Messyasz, Andrzej Rybak, "Macroalga Ulva intestinalis (L.) occurence in freshwater ecosystems of Poland: a new locality in Wielkopolska". Teka Kom. Ochr. Kszt. Środ. Przyr. – OL PAN, 2008, 5, pp. 126–135.
  4. "Ulva intestinalis". Seaweeed of Alaska. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  5. Guiry, M.D. (2012). "Ulva intestinalis Linnaeus, 1753". World Register of Marine Species. Retrieved March 24, 2013.
  6. "Gut weed - Ulva intestinalis". Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Ana Isabel Neto, Ian Tittley e Pedro Raposeiro, Flora Marinha do Litoral dos Açores, pp. 60-61. Horta : Secretaria Regional do Ambiente e do Mar, 2005 (ISBN 972 99884 0 4).
  8. Fletcher R. L., "The occurrence of Green tide problem". Ecological studies, Marine benthic vegetation, W. Schramm, P. Nienhuis (editores) – EEC, Brussels, 1996, pp. 7-43.
  9. Bonsdorff E., Blomqvist E. M., Mattila J., Norkko A., "Coastal eutrophication: cause, consequences and perspectives in the archipelago areas of the northern Baltic Sea". Estuar. Coast. Shelf Sci., 44 (1997): 63-72.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar