Abrir o menú principal

Ulises 31, orixinalmente co título Ulysse 31 (宇宙伝説ユリシーズ 31 Uchū Densetsu Yurishīzu Sātīwan?) (lit. Ulises 31, a lenda do espazo) é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción franco-xaponesa, creada polo francés Jean Chalopin para a televisión no ano 1981, que actualiza o poema épico da Odisea de Homero. A serie conta con 26 episodios de 30 minutos cadanseu e foi producida conxuntamente por DiC Audiovisuel e polos estudios de anime Tokyo Movie Shinsha (TMS Entertaiment). Foi emitida na TVG a principios da década de 1990.

FormatoAnimación
Creado porBernard Deyriès
Jean Chalopin
Nina Wolmark
inspirados na Odisea de Homero
Desenvolvido porDiC Audiovisuel
Tokyo Movie Shinsha
IntérpretesAnimación
País de orixeFlag of France.svg Francia
Flag of Japan.svg Xapón
Episodios26
Duración25 min
Canle de orixeSindicación
Primeira emisión10 de outubro de 1981
Derradeira emisión3 de abril de 1982

SinopseEditar

A trama da serie describe a disputa de Ulises contra as entidades divinas que rexen o universo no século XXXI, os deuses da mitoloxía grega. Os deuses do Olimpo están indignados con Ulises, comandante da nave espacial Odisea, quen destrúe ó Ciclope para salvar uns nenos, incluíndo ó seu fillo Telémaco.

Zeus condena a Ulises a viaxar polo universo coa súa tripulación conxelada mentres non atope o reino de Hades, será entón cando a tripulación volverá á vida e regresarán á Terra. Ó longo do percorrido encontran moitas dificultades, encontrándose con outras figuras da mitoloxía grega, mais dende unha perspectiva futurista.

PersonaxesEditar

  • Ulises (ユリシーズ Yurishīzu?), é o heroe da serie, condenado polos deuses do Olimpo a vagar polo espazo como castigo por destruír ó Ciclope.
  • Telémaco (テレマーク Teremāku?), fillo de Ulises, un rapaz espelido e habilidoso.
  • Thais (ユミ Yumi?), rescatada do Ciclope xunto co seu irmán por Ulises, procede do planeta Zotra e ten poderes telepáticos e telecinéticos.
  • Nono (ノノ Nono?), é un robot propiedade de Telémaco, agasallo do seu último aniversario.
  • Shirca (シルカ Shiruka?), ordenador central da nave, os deuses borraron os datos da súa memoria, imposibilitado a viaxe de regreso á Terra.
  • Numaios (ユマイオス Yumaiosu?), irmán de Thais, permanece en hibernación xunto co resto da tripulación, suspendido nun estado de levitación.

EpisodiosEditar

  1. Le Cyclope ou la malédiction des dieux (シクロープ)
  2. Les Fleurs sauvages (失われた惑星)
  3. Hératos (エオール)
  4. Chronos (エラトス)
  5. La Planète perdue (スフィンクス)
  6. Éole ou le coffret des vents cosmiques (レストリゴン)
  7. Sisyphe ou l'éternel recommencement (シジフォス)
  8. La Révolte des compagnons (野生の花)
  9. Le Sphinx (クロノス)
  10. Les Lestrygons (コンパニオンの反乱)
  11. Charybde et Scylla (忘却の椅子)
  12. Le Fauteuil de l'oubli (カリブデとシーラ)
  13. Les Sirènes (ダブル惑星)
  14. Le Marais des doubles (シルセ)
  15. La Deuxième Arche (ミノタウロス)
  16. Circé la magicienne (シレーヌ)
  17. Nérée ou la vérité engloutie (ブラック・マジシャン)
  18. Le Labyrinthe du Minotaure (第2の箱船)
  19. Atlas (ネレー)
  20. Le Magicien noir (アトラス)
  21. Les Révoltées de Lemnos (レムノスの反逆者)
  22. La Cité de Cortex (機械惑星
  23. Ulysse rencontre Ulysse (カリプソ)
  24. Les Lotophages (ユリス対ユリス)
  25. Calypso (ロトファージュ)
  26. Le Royaume d'Hadès (アデス)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar