Ubik
Ubik é unha novela de ciencia ficción do escritor estadounidense Philip K. Dick, publicada orixinalmente en 1969. A obra desenvolve personaxes e conceptos xa aparecidos noutra novela curta do mesmo autor, What the Dead Men Say (1964).
Ubik | |
---|---|
Título orixinal | Ubik |
Autor/a | Philip K. Dick |
Orixe | Estados Unidos de América |
Lingua | inglés estadounidense |
Xénero(s) | ciencia ficción e futuristic fiction |
Editorial | Doubleday |
Data de pub. | 1969 |
Primeira edición galega | |
Editorial | Boadicea Editora |
Data de pub. | 2022 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ubik é unha das novelas máis célebres de Philip K. Dick. En 2009, foi escollida pola revista Time como unha das cen mellores novelas dende 1923. Na súa análise, o crítico Lev Grossman describiuna como "unha historia de horror existencial fondamente perturbadora, un pesadelo do que nunca estas certo de acordar".[1] Foi publicada en galego en 2022 por Boadicea Editora.[2]
Sinopse
editarA historia sitúase nun futuro 1992 no que os poderes psíquicos son empregados para a espionaxe industrial, namentres a tecnoloxía crioxénica permite manter ás persoas recentemente falecidas nun estado de hibernación coñecido como semivida. O protagonista, Joe Chip, viaxa á lúa co seu xefe, Glen Runciter, esposo de Ella Runciter, unha muller en semivida. Acompáñaos un grupo de "antipsíquicos" contratados por Runciter para resolver os problemas dunha empresa cuns telépatas infiltrados. O traballo resulta ser unha trampa na que falece Runciter. Tras regresar á Terra, unha estraña regresión temporal parece afectar á realidade. Chip atopa varias mensaxes do seu xefe en lugares inusitados, o que o fai sospeitar que quizais este non estea realmente morto. Os seus compañeiros comezan a finar un tras outro, e a única solución parece ser un misterioso produto coñecido como ubik.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Grossman, Lev (2009). "Ubik (1969)". Time Magazine. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2009.
- Mato, Mar (2022). "Nace Boadicea, a nova editorial galega para libros de ciencia ficción e fantasía". Faro de Vigo.