UNVI

fabricante de autobuses galego

Unidad de Vehículos Industriales S.A. (UNVI) é un empresa galega, fabricante de autobuses e carrozarías, con sede en Ourense e fundada en 1995.[1] Dispón ademais doutra fábrica no Porto, Portugal. Conta con 325 traballadores. Máis do 80% da produción anual destinase a mercados estranxeiros, os seus buses poden verse en cidades como Roma, Berlín, Barcelona, San Petersburgo, París ou Dubai.[1] Tamén contan cun programa de prácticas remuneradas para alumnos de formación profesional do IES Universidade Laboral de Ourense.

UNVI
Fundación1995
LocalizaciónPolígono industrial de San Cibrao das Viñas
Industriaautomoción
Na rede
https://www.unvi.es/
LinkedIn: unvi-s-a- Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Empresa, presentación". unvi.es. Consultado o 2024.