Tyler Rake 2

filme de 2023 dirixido por Sam Hargrave

Tyler Rake 2[2] (en inglés: Extraction 2) é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Sam Hargrave e escrito por Joe Russo. Baséase na novela gráfica Ciudad de Ande Parks, Joe Russo, Anthony Russo, Fernando León González e Eric Skillman. É unha secuela do filme de 2020 Extraction, e está protagonizado por Chris Hemsworth, Golshifteh Farahani e Adam Bessa, que retoman os papeis do primeiro filme, xunto con Tornike Gogrichiani, Tinatin Dalakishvili, Daniel Bernhardt, Olga Kurylenko e Idris Elba. No filme, Tyler Rake (Hemsworth) é contratado para rescatar unha familia dunha prisión xeorxiana.

Tyler Rake 2
Ficha técnica
Título orixinalExtraction 2
DirectorSam Hargrave
Produtor
GuiónJoe Russo
Baseado enCiudad de Ande Parks e Joe Russo, Anthony Russo e Fernando León González (ilustracións)
Intérpretes
Música
FotografíaGreg Baldi
Montaxe
  • Álex Rodríguez
  • William Hoy
Estudio
  • Wild State
  • AGBO
  • T.G.I.M. Films
DistribuidoraNetflix
Estrea16 de xuño de 2023
Duración122 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción e suspense
Na rede
https://www.netflix.com/title/81098494
IMDB: tt12263384 Filmaffinity: 254628 Allocine: 282413 Rottentomatoes: m/extraction_2 Metacritic: movie/extraction-2 Netlix: 81098494Editar o valor em Wikidata

Logo do éxito do primeiro filme, Netflix anunciou unha secuela en maio de 2020 con Joe Russo de novo como guionista, Hargrave como director e Hemsworth como protagonista. En decembro, Joe e o seu irmán irmán Anthony esperaban que a secuela desenvolvese os personaxes abondo para comezar un universo cinematográfico. A rodaxe estaba programada para comezar en Sydney en setembro de 2021, mais foi atrasada pola pandemia de COVID-19 e finalmente comezou en Praga en novembro, antes de concluír en Viena en abril de 2022. Ademais do regreso de Russo, Hargrave e Hemsworth, Henry Jackman e Alex Belcher volveron para compoñer a partitura.

Tyler Rake 2 estreouse o 16 de xuño de 2023 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Henry Jackman & Alex Belcher Scoring Sam Hargrave's 'Extraction 2'". Film Music Reporter. 30 de maio de 2023. 
  2. pipocas.amesa.gal (ed.). "Tyler Rake 2". Consultado o 15 de setembro de 2023. [Ligazón morta]
  3. Aftab, Kaleem (5 de decembro de 2022). "Arab Stars of Tomorrow 2022: Adam Bessa, actor (Tunisia)". Screen Daily. Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2022. 
  4. Cohen, Anne (18 de xaneiro de 2023). "New Movies Coming to Netflix in 2023". Netflix. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar