Turbo é un concello de Colombia localizado na subrexión de Urabá no departamento de Antioquia. Foi declarado por lei da república 1883 de 2018 distrito especial portuario, loxístico, industrial, turístico e comercial.[1]

Modelo:Xeografía políticaTurbo, Colombia
Turbo (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 8°05′35″N 76°43′42″O / 8.0931, -76.7283Coordenadas: 8°05′35″N 76°43′42″O / 8.0931, -76.7283
EstadoColombia
DepartamentosAntioquia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación181.000 (2020) Editar o valor em Wikidata (59,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie3.055 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2 m Editar o valor em Wikidata
Creación1840 Editar o valor em Wikidata

Páxina webturbo-antioquia.gov.co… Editar o valor em Wikidata

Limita ao norte co mar Caribe e os municipios de Necoclí e Arboletes; ao leste cos municipios de San Pedro de Urabá e Apartadó e co departamento de Córdoba; ao sur cos municipios de Carepa, Chigorodó e Mutatá e ao oeste co departamento do Chocó.

Historia editar

Turbo recibiu o seu nome polo turbio da auga do mar. Coñeceuse tamén como Pisisi e como Bodega Pisisi. Recibe o apelativo da Terra do cangrexo e o banano, pola abundancia destes dous recursos.

A historia de Turbo comezou coa chegada dos conquistadores españois ao golfo de Urabá en 1501. Formaron parte destas expedicións Rodrigo de Bastidas e Juan de la Cosa. Despois dunha importante secuencia de enfrontamentos indíxenas, a zona foi abandonada á súa sorte durante varios séculos.

A finais do século XVIII a zona gañou prosperidade ante a reactivación do comercio. O 28 de agosto de 1840 o entón presidente, José Ignacio de Márquez aprobou a creación de Turbo. Sete anos despois, baixo a administración de Tomás Cipriano de Mosquera, foi elevado á categoría de distrito parroquial. En (1848), o municipio quedou baixo a xurisdición da Provincia de Antioquia aínda que en 1850 pasou ao Chocó e, seis anos máis tarde, á xurisdición do Estado Soberano do Cauca. Finalmente, en 1910, reintegrouse en Antioquia.

En xaneiro de 2018 o municipio de Turbo nivelouse a Distrito Portuario, Loxístico, Industrial, Turístico e Comercial de Colombia mediante a lei 1883 de 2018.[2]

Demografía editar

Serie de poboación histórica de Turbo, Colombia
Ano12345678910111213141516
Poboación19381048919511443419642360819733660819857989319939978220051219192018124552

Poboación Total: 124 552 (2018)

  • Poboación Urbana: 48 787
  • Poboación Rural: 75 765

Alfabetismo: 81,0 % (2005)[3]

  • Zona urbana: 87,2 %
  • Zona rural: 77,0 %

Grupos étnicos editar

Segundo as cifras presentadas polo DANE do censo 2005, a composición étnica[3] do municipio é:

Xeografía editar

 
A área urbana de Turbo, mostrada aquí como unha pequena mancha gris na parte dereita da imaxe, atópase na costa oriental do Golfo de Urabá, fronte ás foces do río Atrato.

O municipio de Turbo atópase localizado ao norte do departamento de Antioquia, na chamada zona do Urabá antioqueño. O municipio atópase bañado polo mar Caribe e o río Atrato. Ten unha extensión de 3.055 km², ademais conta cun aeródromo, Gonzalo Mejía (non está en funcionamento), un proxecto de porto internacional e unha estrada que o comunica coa capital departamental, Medellín.

Economía editar

O municipio vive principalmente da explotación agrícola; as plantacións de banano e plátano son a actividade principal, a que máis persoas ocupa e a que máis divisas xera; nos últimos catro anos, a actividade viuse desfavorecida pola revaluación do peso colombiano fronte ao dólar, o que diminúe fortemente os ingresos da zona. Algunhas outras actividades primarias son a explotación da selva chocoana, a pesca e a gandaría extensiva.

Porto de Turbo

Desde o ano 1997, ano en que se fixo un estudo de factibilidade para construír un porto no municipio de Turbo, están a buscarse os recursos necesarios para a súa realización. Este foi incluído como un dos proxectos estratéxicos de desenvolvemento do departamento de Antioquia e de toda Colombia, o cal cambiará e impulsará enormemente a economía do municipio.

Patrimonio editar

Festas editar

  • Festival do Doce (Semana Santa)
  • Día da Antioqueñidade (11 de agosto)
  • Entroido das etnias e o Mangle (Festival de bullarengue, Reinado popular das etnias e o mangle, Festa Paisa (inclúe cabalgata e concerto), o reto do cangrexo azul, Caripazifico, Turbo Cor Festival, Reinado nacional do Banano e o Plátano, Festival de acordeóns Simón Simanca e concerto Final.) (5 ao 15 de outubro)
  • Aniversarios de Turbo. (28 de agosto)

Personaxes editar

  • Luís Carlos Perea (Turbo, Antioquia, 29 de decembro de 1963) é un exfutbolista colombiano que xogaba como defensa central.
  • Carlos Castro Herrera (n. Turbo, Antioquia, Colombia; 17 de agosto de 1970) é un exfutbolista colombiano. Xogaba de dianteiro. Destacou por ser goleador en dúas ocasións da Categoría Primeira A colombiana
  • David Palmer
  • John Jairo "l Turbina" Tréllez (Turbo, Antioquia, Colombia; 29 de abril de 1968) é un exfutbolista colombiano que xogaba de dianteiro
  • Luís Amaranto Perea

Notas editar

  1. "Turbo se convierte en el primer distrito portuario de Antioquia" (web). El Tiempo. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  2. "Ley 1883 de 2018, por medio del cual se otorga la categoría de distrito a Turbo" (PDF). Presidencia de Colombia. 24 de xaneiro de 2018. Consultado o 2 de maio de 2018. 
  3. 3,0 3,1 Censo oficial DANE 2005, Perfiles Departamentos y Municipios

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar