Tteokbokki

prato tradicional coreano

O tteokbokki (en coreano: 떡볶이 [tɒkˈbəʊki]) é un prato popular coreano, feito a base de pastel de arroz.[1] O eomuk (pastel de peixe), os ovos cocidos e os ceboliños son algúns dos ingredientes máis comúns que adoitan acompañar a este prato, podéndose condimentar tamén con gochujang picante ou cunha salsa doce a base de ganjang; a primeira forma é máis común ca segunda,[2] sendo esta última nomeada de cando en vez "gungjung-tteokbokki", é dicir, tteokbokki da corte real.

Tteokbokki

Orixe Corea do Norte
Corea do Sur
Gastronomía Cociña coreana

Hoxe en día, as variacións tamén inclúen curry-tteokbokki, tteokbokki con salsa de crema, jajang-tteokbokki (con salsa doce de feixóns), tteokbokki de marisco, tteokbokki rosa, galbi-tteokbokki, entre outros.