Truls Otterbech Mørk, nado en Bergen o 25 de abril de 1961, é un violoncellista noruegués.

Truls Otterbech Mørk
Mørk coa Orquestra Nacional de España en febreiro de 2015.
Nome completoTruls Otterbech Mørk
Data nacemento25 de abril de 1897
Nado enBergen, Noruega
OcupaciónViolonchelista
Instrumento(s)Violoncello
Na rede
Páxina oficial
Musicbrainz: 6b615abc-3b9b-4064-97ea-25f8079ff21b Songkick: 18426 Discogs: 874501 Allmusic: mn0002300350 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de dous músicos, seu pai violoncellista e súa nai pianista, comezou a recibir leccións de piano da súa proxenitora aínda aos sete anos. Tamén aprendeu a tocar o violín, mais logo o trocou polo violoncello, recibindo clases do seu pai.

Mørk comezou a estudar, realmente, con Frans Helmerson, aos 17 anos, no Instituto de Música de Edsberg. Como era un admirador de Mstislav Rostropovich e da escola rusa de violoncello, foi estudar coa cellista rusa Natalia Schakowskaya.

En 1982, Mørk foi o primeiro músico en chegar ás finais da Competición Internacional Tchaikovsky, en Moscova, conquistando o sexto lugar. Logo, acandou o segundo lugar, en 1986, na Competición de Naumberg, en Nova York, e na Competición de Violoncello de Cassado, en Florencia.

En 1989, realizou a súa maior xira de concertos, tocando con moitas das maiores orquestras de Europa. En 1994, fai unha serie de concertos nos Estados Unidos coa Filharmónica de Oslo, tocando no Carnegie Hall e no Kennedy Center.

Hoxe en día, Mørk é un intérprete importante na escena concertista internacional. Ten unha extensa discografía que se estende dende a súa gravación, gañadora do Grammy, dos concertos para violoncello de Shostakovich, ata a súa gravación das suites para violoncello solo de Bach, moi aclamada pola crítica.

Mørk é mestre na Academia de Música Norueguesa, en Oslo. Tamén posúe e toca un raro violoncello Domenico Montagnana, feito en Venecia no ano 1723.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar