Trofa
Coordenadas: 41°21′N 8°33′O / 41.350, -8.550
Trofa é un concello e cidade da Grande Área Metropolitana do Porto, no Distrito do Porto, na Rexión Norte e Subrexión do Grande Porto (Portugal). A súa capital ten unha poboación de 21.600 habitantes e é sede dun municipio de 71,88 km² de extensión e 38.999 habitantes (2011) [1] repartidos en 8 freguesías.
Trofa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Grande Porto | ||
Distrito | Porto | ||
Xeografía | |||
Superficie | 71.88 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 38.999 hab. (2011)[1] | ||
Densidade | 542,56 hab/km² | ||
Xentilicio | trofense | ||
Outros datos | |||
www.mun-trofa.pt |
O concello limita ao norte co concello de Vila Nova de Famalicão, ao leste co de Santo Tirso, ao sur co de Maia e ao oeste co concello de Vila do Conde.
HistoriaEditar
Trofa foi elevada a vila o 16 de maio de 1984 e a cidade pola lei n.º 29/93 do 2 de xullo de 1993. Converteuse en municipio autónomo o 19 de novembro de 1998 ao separarse do seu concello veciño de Santo Tirso (de xeito simultáneo cos concellos de Odivelas e Vizela, creados na mesma época, ao separarse de Loures e Guimarães respectivamente).
A cidade de Trofa está situada entre Porto e Braga. Un factor importante para o seu crecmento foi a construción da estación de ferrocarril a principios do século XX, o que impulsou o seu crecemento.
DemografíaEditar
Poboación do concello de Trofa (2001 – 2011) | ||
---|---|---|
2001 | 2011 | |
37 581 | 38 999 |
FreguesíasEditar
O concello de Trofa está integrado polas seguintes 8 freguesías:
- Alvarelhos
- Covelas
- Guidões
- Muro
- São Mamede de Coronado (vila de Coronado)
- São Martinho de Bougado (cidade de Trofa)
- São Romão do Coronado (vila de Coronado)
- Santiago de Bougado (cidade de Trofa)
PatrimonioEditar
- Igrexa de S. Tiago de Bougado, proxecto de Nicolau Nasoni
- Baixa da Trofa, Rua Conde de S. Bento, Parque Dr. Lima Carneiro, Parque de Nossa Senhora das Dores...
- Barca da Trofa
- Igrexa Matriz de Trofa
- Ponte Pênsil de Trofa
- Monte de São Gens
- Castro de Alvarelhos
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Trofa |