Triángulo rectángulo

Un triángulo rectángulo é un triángulo en que un dos seus ángulos é recto, é dicir, mide 90 graos. A relación entre os lados e os ángulos dun triángulo rectángulo é a base da trigonometría.

Triángulo rectángulo

O lado oposto ao ángulo recto chámase hipotenusa (lado c da imaxe). Os lados adxacentes a este chámanse catetos. O lado a pode identificarse como o lado adxacente ao ángulo B e oposto ao ángulo A, mentres que o lado b é o lado adxacente ao ángulo A e oposto ao ángulo B.

Se as lonxitudes dos tres lados dun triángulo rectángulo son enteiros, o triángulo chámase triángulo pitagórico, e as lonxitudes coñécense como terna pitagórica.

Propiedades principais

editar

Como en calquera triángulo, a área é igual á metade da base multiplicada pola altura correspondente. Nun triángulo rectángulo, se se toma como base un cateto entón o outro é a altura, polo que a área do triángulo rectángulo é a metade do produto dos dous catetos. Alxebricamente, a área T é

 

onde a e b son os catetos do triangle.

Se a circunferencia inscrita é tanxente á hipotenusa AB no punto P, entón denotando o semiperíodo (a + b + c) / 2 como s, tense PA = sa e PB = sb, e a área vén dada por

 

Esta fórmula só se aplica aos triángulos rectángulos.[1]

Altitudes

editar
 
Altura dun triángulo rectángulo

Se se debuxa a altura dende o vértice no ángulo recto á hipotenusa, entón o triángulo queda dividido en dous triángulos máis pequenos que son semellantes ao orixinal e polo tanto semellantes entre eles. Disto:

  • A altura á hipotenusa é a media xeométrica (media proporcional dos dous segmentos da hipotenusa.[2]:243
  • Cada cateto do triángulo é a media proporcional da hipotenusa e o segmento da hipotenusa adxacente ao cateto.

Alxebricamente,

  (isto coñécese en ocasións como o teorema da altura do triángulo rectángulo)
 
 

onde a, b, c, d, e, f se mostran no diagrama.[3] Thus

 

Ademais, a altura á hipotenusa está relacionada cos catetos do triángulo rectángulo por[4][5]

 

A altura de cada cateto coincide co outro cateto. Dado que estas se intersecan no vértice do ángulo recto, o ortocentro do triángulo rectángulo (intersección das alturas) coincide con ese punto.

Teorema de Pitágoras

editar
Artigo principal: Teorema de Pitágoras.

O teorema de Pitágoras afirma que:

En calquera triángulo rectángulo, a área do cadrado que ten como lado a hipotenusa (lado oposto ao ángulo recto) é igual á suma das áreas dos cadrados que teñen como lados os dous catetos (os dous ángulos que conforman o ángulo recto.

Isto pode ser escrito nunha ecuación como

 

onde c é a lonxitude da hipotenusa e a e b son as lonxitudes dos catetos.

As ternas pitagóricas son enteiros a, b, c que satisfán esta ecuación.

Inraio e circunraio

editar
 
Ilustración do teorema de Pitágoras

O raio da circunferencia inscrita dun triángulo rectángulo con catetos a e b e hipotenusa c é

 

O raio da circunferencia circunscrita é a metade da lonxitude da hipotenusa,

 

Polo tanto, a suma dos raios das circunferencias circunscrita e inscrita é a metade da suma dos catetos:[6]

 

Un dos catetos pode expresarse en termos do raio da circunferencia inscrita e o outro cateto como

 

Caracterización

editar

Un triángulo ABC con lados  , semiperímetro s, área T, altura h oposta ao lado máis longo, radio da circunferencia circunscrita R, inraio r, exraios ra, rb, rc (tanxentes a a, b, c respectivamente), e medianas ma, mb, mc é un triángulo rectángulo se e só se calquera das afirmacións das seguintes categorías é certa. Todas son propiedades dun triángulo rectángulo, xa que as caracterizacións son equivalentes.

Lados e semiperímetro

editar
  •  
  •  
  •  [7]
  •  [8]

Ángulos

editar
  • A e B son complementarios.[9]
  •  [8][10]
  •  [8][10]
  •  [10]
  •  
  •  
  •  
  •  
  •   onde P é o punto de tanxencia da circunferencia inscrita co lado máis longo AB.[11]

Inraio e exraios[12]

editar
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  

Alturas e medianas

editar
 
A altura do triángulo rectángulo dende o seu ángulo recto á hipotenusa é a media xeométrica das lonxitudes dos segmentos en que divide a hipotenusa. Empregando o teorema de Pitágoras sobre os tres triángulos de lados (p + q, r, s), (r, h, p) e (s, h, q),
 
  •  
  •  [6]:Prob. 954, p. 26
  • A lonxitude da mediana é igual ao radio da circunferencia circunscrita.
  • A altura máis curta (a que está sobre o vértice do maior ángulo) é a media xeométrica dos segmentos en que divide o lado oposto (o máis longo). É o teorema da altura do triángulo rectángulo.

Circunferencia circunscrita e inscrita

editar

Razóns trigonométricas

editar

As funcións trigonométricas para os ángulos agudos poden definirse como razóns dos lados dun triángulo rectángulo. Para un ángulo dado, pódese construír un triángulo rectángulo, e os lados chamados oposto, adxacente e hipotenusa en relación a ese ángulo segundo as definicións dadas. Estas razóns dos lados non dependen do triángulo rectángulo escollido, senón só do ángulo dado, xa que todos os triángulos construídos deste xeitos son semellantes. Se para un ángulo dado α, os lados oposto, adxacente e hipotenusa se denominan O, A e H respectivamente, entón as funcións trigonométricas son

 

Medianas

editar

As seguintes expresións relacionan as medianas dun triángulo rectángulo:

 

A mediana sobre a hipotenusa dun triángulo rectángulo divide o triángulo en dous triángulos isósceles, porque a mediana é igual á metade da hipotenusa.

As medianas ma e mb sobre os catetos satisfán[6]:p.136,#3110

 

Recta de Euler

editar

Nun triángulo rectángulo, a recta de Euler contén a mediana sobre a hipotenusa (é dicir, pasa polo vértice do ángulo recto e polo punto medio do lado oposto a este). Isto é porque o ortocentro do triángulo rectángulo, intersección das súas alturas, cae no vértice do ángulo recto, mentres que o circuncentro, intersección das bisectrices dos ángulos, cae no punto medio da hipotenusa.

Desigualdades

editar

Nun triángulo rectángulo o diámetro da circunferencia inscrita é menor que a metade da hipotenusa, e máis axustadamente, é menor ou igual que   veces a hipotenusa.[13]:p.281

Nun triángulo rectángulo con catetos a, b e hipotenusa c,

 

dándose a igualdade só no caso de que sexa isóscele.[13]:p.282,p.358

Se a altura da hipotenusa se denota hc, entón

 

dándose a igualdade só no caso de que sexa isóscele.[13]:p.282

Outras propiedades

editar

Se dous segmentos de lonxitudes p e q que emanan do vértice C trisecan a hipotenusa en segmentos de lonxitude c/3, entón[2]:pp. 216–217

 

O triángulo rectángulo é o único triángulo que ten dous, en lugar dun ou de tres, cadrados inscritos diferentes.[14]

Sexan h e k (h > k) os lados de dous cadrados inscritos nun triángulo rectángulo de hipotenusa c. Entón

 

Tres lados e o raio da circunferencia inscrita r están relacionados nunha fórmula similar:

 

O perímetro dun triángulo rectángulo é igual á suma dos raios da circunferencia inscrita e das tres excritas:

 
  1. Di Domenico, Angelo S., "A property of triangles involving area", Mathematical Gazette 87, xullo de 2003, pp. 323-324.
  2. 2,0 2,1 Posamentier, Alfred S., and Salkind, Charles T. Challenging Problems in Geometry, Dover, 1996.
  3. Wentworth p. 156
  4. Voles, Roger, "Integer solutions of  ," Mathematical Gazette 83, July 1999, 269–271.
  5. Richinick, Jennifer, "The upside-down Pythagorean Theorem," Mathematical Gazette 92, July 2008, 313–317.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Inequalities proposed in “Crux Mathematicorum, [1].
  7. "Triangle right iff s = 2R + r, Art of problem solving, 2011". Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2014. Consultado o 08 de novembro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Andreescu, Titu and Andrica, Dorian, "Complex Numbers from A to...Z", Birkhäuser, 2006, pp. 109-110.
  9. "Properties of Right Triangles". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 08 de novembro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 10,2 CTK Wiki Math, A Variant of the Pythagorean Theorem, 2011, [2] Arquivado 05 de agosto de 2013 en Wayback Machine..
  11. Darvasi, Gyula (marzo de 2005). "Converse of a Property of Right Triangles". The Mathematical Gazette 89 (514): 72–76. .
  12. Bell, Amy (2006). Hansen's Right Triangle Theorem, Its Converse and a Generalization (PDF). Forum Geometricorum 6. pp. 335–342. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de agosto de 2021. Consultado o 08 de novembro de 2018. 
  13. 13,0 13,1 13,2 Posamentier, Alfred S., and Lehmann, Ingmar. The Secrets of Triangles. Prometheus Books, 2012.
  14. Bailey, Herbert, and DeTemple, Duane, "Squares inscribed in angles and triangles", Mathematics Magazine 71(4), 1998, 278-284.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar