A hipotenusa é o lado maior dun triángulo rectángulo, e tamén o lado oposto ao ángulo recto. É posible descubrir a medida da hipotenusa mediante o teorema de Pitágoras, que a relacona cos dous catetos.

A hipotenusa, h, e os catetos, c1 e c2, dun triángulo rectángulo.

Orixe do termo

editar

A palabra hipotenusa deriva, de acordo con algunhas fontes, do grego antigo ὑποτείνουσα, unha combinación de hipo ("embaixo") e teinein ("alongar")[1]. Outros autores suxiren que o significado orixinal en grego foi debido a un obxecto que soporta algo, ou da combinación de hipo ("embaixo") e tenuse ("lado")[2].

Propiedades

editar

Teorema de Pitágoras

editar
Artigo principal: Teorema de Pitágoras.

O teorema de Pitágoras relaciona a lonxitude da hipotenusa coa dos catetos, e di o seguinte:

 
"A hipotenusa ao cadrado é igual á suma dos cadrados dos catetos."
  • Que é o mesmo que dicir:
 
"A hipotenusa é igual á raíz cadrada da suma dos cadrados dos catetos."
  1. Schwartzman, Steven The Words of Mathematics, An Etymological Dictionary of Mathematical Terms used in English, Publicado pola Asociación de matemáticos dos Estados Unidos (en inglés).
  2. Romping Through Mathematics, Anderson, Raymond. (1947) (en inglés).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.