A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: substituír o gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.

A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro de 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Países Baixos (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro de 2006. En maio de 2006 Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.

Ratificación

editar
 
Estado da ratificación nos países membros e candidatos

O Tratado da Constitución Europea (TCE) foi asinado nunha cerimonia celebrada en Roma o 29 de outubro de 2004. Antes de comezar coa súa aplicación, porén, debe ser ratificado por cada estado membro. O proceso de ratificación fíxose de diferentes formas en cada país, dependendo das súas tradicións, disposiciós constitucionais e procesos políticos. Nalgús estados membros, a aprobación do xefe de estado é tamén requirida para aprobar o TCE unha vez sexa aprobado polo parlamento ou por referendo. O Presidente de Alemaña non o ten feito aínda, debido a unha batalla legal por que o modo de ratificación non foi o referendo. O Presidente de Eslovaquia tampouco ten aprobada aínda a Constitución.

Lituania, Hungría, Eslovenia, Italia, Grecia, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Letonia, Chipre, Malta, Bélxica e Estonia xa completaron a ratificación parlamentaria da Constitución Europea. Ademais, o Parlamento Europeo tamén aprobou o tratado (nun voto simbólico).

Dez dos 25 membros teñen anunciado a súa intención de convocar un referendo sobre a constitución. Nalgúns casos, o resultado será vinculante legalmente; noutros será consultivo (como foi o caso dos Países Baixos). Catro referendos xa tiveron lugar, resultando en España e Luxemburgo ratificada o TCE, e sendo rexeitado en Francia e os Países Baixos. Aínda que o referendo nos Países Baixos foi unicamente consultivo, o goberno neerlandés prometeu que non será ratificada.

Dende o voto francés, algúns dos membros da UE confirmaron a súa intención de abandonar ou pospor the referendo da ratificación, incluíndo o Reino Unido, onde o secretario de exteriores Jack Straw ten dito que non ten ningún sentido planear un referendo tralas decisións de Francia e os Países Baixos [1]. Outros países continuaron cos procesos de ratificación, incluíndo Luxemburgo, que aprobou o tratado nun referendo o 10 de xullo do 2005 [2].

O 15 de setembro de 2005, o membro do Parlamento Europeo Johannes Voggenhuber do Partido Verde Austríaco e Andrew Duff de Democracia Liberal suxeriron o seguinte plano de acción:

  • Antes da fin de 2006, redactar un tratado moi reducido contendo só os puntos sobre os que non hai controversia.
  • Denantes da fin de 2009, unha nova convención constitucional debería decidir sobre unha nova constitución, prestando especial atención ó sistema social e as Política Común Exterior e Política de Seguridade.
  • Xunto ás eleccións ó Parlamento Europeo no 2009, debería ser convocado un referendo europeo sobre o Tratado Constitucional.

Esta proposta foi votada no Parlamento Europeo o 19 de xaneiro de 2006 con 385 votos a favor e 125 en contra.

Ratificación en España

editar
    Resultados

Participación: 42,33 %

  • Si: 76,72%
  • Non: 17,25%
  • En branco: 6,03%

Abstención: 57,67%

Ratificación por referendo

editar
Estado Membro Data Resultado: % votos a favor (% votantes)
  España 20 de febreiro de 2005 Si: 76,7% (do 42,3%)[1]
  Francia 29 de maio de 2005 Non: 54,7% (do 69,3%)[2]
  Países Baixos 1 de xuño de 2005 Non: 61,6% (do 62,8%)
  República Checa Cancelado Falta a ratificación do Parlamento
  Luxemburgo 10 de xullo de 2005 Si: 56,5% (do 87,77%)
  Irlanda Posposto indefinidamente
  Dinamarca Posposto indefinidamente
  Polonia Posposto indefinidamente
  Portugal Posposto indefinidamente
  Reino Unido Posposto indefinidamente

Aprobación parlamentaria da Constitución

editar
Parlamento Data Resultado Sinatura do Xefe de Estado
  Lituania 11 de novembro de 2004 Si: 84 a 4[3] Si
  Hungría 20 de decembro de 2004 Si: 322 a 12 Si
  Parlamento Europeo 12 de xaneiro de 2005 Si: 500 a 137 Non hai
  Eslovenia 1 de febreiro de 2005 Si: 79 a 4[4] Si
  Italia 6 de abril de 2005 Si: Cámara Baixa: 436 a 28.
Si: Cámara Alta: 217 a 16
Si
  Grecia 19 de abril de 2005 Si: 268 a 17. Si
  Eslovaquia 11 de maio de 2005 Si: 116 a 27 Pendente
  España 18 de maio de 2005 Si: Cámara Baixa: 319 a 19.
Si: Cámara Alta: 225 a 6
Si
  Austria 25 de maio de 2005 Si. Cámara Baixa: 182 a 1.
Si. Cámara Alta: 59 a 3
Si
  Alemaña 27 de maio de 2005 Si: Cámara Baixa: 569 a 23.
Si: Cámara Alta: 66 a 3.
Pendente
  Letonia 2 de xuño de 2005 Si: 71 a 5[5] Si
  Chipre 30 de xuño de 2005 Si: 30 a 19 Si
  Malaui 6 de xullo de 2005 Si: 65 a 0 Si
  Luxemburgo 25 de outubro de 2005 Si: 57 a 1 Si
  Bélxica 8 de febreiro de 2006 Si. Cámara Baixa: 118 a 18
Si. Cámara Alta: 54 a 9.
Si: Parlamento Rexional de Bruxelas: 69 a 10.
Si: Parlamento da Comunidade Alemá: 21 a 2.
Si: Parlamento Rexional de Valonia
Si: Parlamento da Comunidade Francesa.
Si: Parlamento Rexional Flamengo: 84 a 29.
(Tódolos gobernos rexionais tamén aprobaron o tratado, cumprindo os requisitos do proceso de ratificación belga.)
Pendente
  Estonia 9 de maio de 2006 Si: 73 a 1 Pendente
  Finlandia 12 de maio de 2006
(Expectante) 2006
Si. Primeira Volta: 104 a 24.
Segunda Volta: Non foi aínda.
  Suecia Posposto indefinidamente
  República Checa Posposto indefinidamente

Países ingresantes

editar

Os dous países que entrarán na Unión Europea no 2007, Bulgaria e Romanía, xa aceptaron a Constitución Europea como parte do proceso de admisión.

Parlamento Data Resultado Sinatura do Xefe de Estado
  Bulgaria 11 de maio de 2005 Si: 231 a 1 Si
  Romanía 17 de maio de 2005 Si: 434 a 0 Si
  1. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/21/3484312.shtml?idioma=galego Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O si de España anima ao resto da UE a ratificar a Constitución
  2. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/30/100000070380.shtml?idioma=galego Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O non francés á Constitución abre unha crise na Unión Europea
  3. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/11/3197855.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Lituania, primeiro país en ratificar a Constitución europea
  4. http://www.vieiros.com/nova/40744/o-parlamento-de-eslovenia-ratifica-a-euroconstitucion O parlamento de Eslovenia ratifica a euroconstitución
  5. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/02/3784397.shtml?idioma=galego Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine. O Parlamento letón aproba a Carta Magna e Suecia opta por esperar a que se reúna o Consello