Un trío é unha agrupación de tres instrumentistas ou intérpretes vocais[1]. Denomínase do mesmo xeito a unha peza musical composta para ser interpretada por un conxunto de tres intérpretes[2]. É unha formación musical empregada en diferentes estilos musicais, como a música de cámara, o jazz, o rock ou a música tradicional.

Música académica

editar

Na música de cámara o formato de trío comeza a empregarse a partir do barroco (1600-1750). Nesta época úsase o termo trío en referencia a unha composición para tres partes ou voces, independentemente do número de instrumentos. De feito, a sonata a trío barroca esta composta para catro instrumentos, dous instrumentos ´melódicos solistas de tesitura aguda (comunmente violíns, frautas ou óboes), acompañados por un continuo ou baixo continuo, formado por dous instrumentos de tesitura grave, un deles melódico (viola, violoncello ou fagot) e outro polifónico ou harmónico (clave, arpa ou laúde. Compre resaltar as obras Bach

Durante o período clásico o continuo vai sendo gradualmente substituído por un novo instrumento, o piano, de xeito que o trío para piano (violín, violoncello e piano) pasa a ser a forma predominante, aínda que tamén houbo outros formatos, como o trío de corda (violín, viola e violoncello). Ao longo do clasicismo obsérvase unha progresiva tendencia a equiparar o papel de cada instrumento, potenciando o carácter conversacional da música de cámara. Destacan as obras de Haydn, Mozart ou Beethoven

No período romántico (século XIX) a popularidade do formato de trío para piano seguiu medrando, con importantes contribucións de Mendelssohn, Schumann, Brahms ou Antonín Dvořák, ademais de arranxos de obras sinfónicas.[3]

  1. "Definición da palabra trío". academia.gal. Consultado o 2016-12-11. 
  2. Bennet, Roy: Léxico de música. Akal, 2003, pp. 48, 307.
  3. * Ainsley, Robert (2002) [1995]. Enciclopedia de la música clásica (en castelan). Barcelona: Parramón Ediciones S.A. pp. 156–7. ISBN 84-342-2427-5. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ainsley, Robert (2002) [1995]. Enciclopedia de la música clásica (en castelan). Barcelona: Parramón Ediciones S.A. ISBN 84-342-2427-5. 

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.