Abrir o menú principal

Coordenadas: 40°21′41.7″N 4°26′30.56″O / 40.361583, -4.4418222

Touros de Guisando.

Os Touros de Guisando (Toros de Guisando en castelán) son un conxunto escultórico vetón que se sitúa na lomba de Guisando, no termo municipal de El Tiemblo (provincia de Ávila). Está datado entre os séculos IV a I a. C., con preferencia no século II a. C., durante a Idade de Ferro.

Índice

CaracterísticasEditar

Son catro esculturas realizadas en granito que representan cuadrúpedes, identificados como touros ou verracos (porcos sementais), con preferencia á suposición de que se trata de touros, xa que algunhas das pezas presentan, na cabeza, cavidades que puideron servir para a inserción de cornos. Tamén mostran uns suaves sucos paralelos no pescozo que pretenden representa-las pregaduras da pel desta zona.

As catro esculturas atópanse costado contra costado, formando unha liña en dirección norte-sur, e todas elas ollando cara ao oeste.

A importancia da gandería para a subsistencia do pobo vetón[1] fai supoñer que estas estatuas eran protectoras do gando, aínda que esta é soamente unha das moitas teorías expostas en torno á función destas esculturas. Outras teorías supoñen que tiveran fins relixiosos ou funerarios, ou mesmo simplemente fitos nos pasos do gando ou marcadores territoriais.

NotasEditar

  1. Os vetóns, pobo fundamentalmente gandeiro, asentáronse nas actuais provincias Badaxoz, Cáceres, Salamanca e Ávila.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar