A torta Sacher, en alemán Sachertorte ([ˈzɑxərˌtɔrtə]), é unha torta de chocolate típica de Austria.[1] Consiste en dúas pranchas grosas de biscoito de chocolate separadas por unha fina camada de marmelada de albaricoque e recubertas cun glaseado de chocolate negro por riba e polos lados. O chocolate que cobre a torta permite que se conserve durante períodos longos. Tradicionalmente, acompáñase de nata montada (crema chantilly).

Sachertorte do Hotel Sacher, Viena.
Franz Sacher.
Confeitaría Demel de Viena.

Historia

editar

Foi inventada en 1832 por Franz Sacher, entón mozo aprendiz de repostaría, para deleitar a un selecto grupo de invitados do príncipe Klemens Wenzel von Metternich. Tras pasar 16 anos a traballar en Bratislava e Budapest, Sacher volveu a Viena e abriu unha tenda de delicatessen e viños. Eduard, o fillo máis vello de Franz Sacher, foi aprendiz de reposteiro na confeitaría vienesa Demel. Alí empezou a confeccionar a torta do seu pai na forma que hoxe se coñece. En 1876 fundou o Hotel Sacher, aínda hoxe existente, e comezou a vender a Sachertorte. Tras a morte de Eduard Sacher, a súa esposa Anna continuou rexentando o hotel.

Propiedade da receita

editar

A propiedade da receita foi motivo de disputas legais a mediados do século XX entre os herdeiros de Sacher (donos do hotel) e a pastelaría Demel. A xustiza ditaminou que o hotel tiña dereito a comercializar o doce co apelativo de Orixinal Sacher-Torte, mentres que Demel debía facelo como Eduard Sacher-Torte.

  1. Sen, p. 264

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar