Fortaleza de Cira

fortaleza medieval en Cira, Silleda
(Redirección desde «Torre de Cira»)

A Fortaleza de Cira[1] ou Torre de Cira é unha construción medieval situada na parroquia de Cira, no concello de Silleda.

Fortaleza de Cira

Tipomonumento e fortaleza Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°46′42″N 8°21′29″O / 42.7784, -8.358
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloSilleda
ParroquiaCira Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data17 de outubro de 1995
IdentificadorRI-51-0008977
Wikidata ]

Historia

editar

Bernardo Xoán de Deza fundou este castelo no século XII aproveitando unha elevación próxima á confluencia dos ríos Deza e Ulla, dando nome ao lugar onde se ergueu. Anos máis tarde, a raíña Dona Urraca fíxose coa súa tiularidade, tras asediala e apreixar dentro dela ao seu propietario, que lla entregou para ser libre. A partir de entón, a raíña empregou a fortaleza como base de operacións para loitar contra o arcebispo Xelmírez para a conquista das súas propiedades.

O único que queda a día de hoxe en pé é a torre da homenaxe da fortaleza que fora levantada polo Conde de Altamira e desfeita polos irmandiños no ano 1467 a consecuencia do seu levantamento popular.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.