Torre Ostankino
Coordenadas: 55°49′11″N 37°36′42″L / 55.81972, -37.61167
A Torre Ostankino (en ruso: Останкинская телебашня), situada en Moscova, capital da Federación Rusa, é con 537 metros de altura a torre de telecomunicacións máis alta de Europa e a segunda do mundo, sendo só superada pola Torre CN de Toronto, no Canadá. Entre as construcións en xeral, é a terceira máis alta, sendo a primeira o rañaceos Burj Dubai.
A torre foi construída entre 1963 e 1967. Durante oito anos foi a estrutura máis alta do mundo. O enxeñeiro que a proxectou foi Nicolai Nikitin, responsable por exemplo da estrutura da estatua ¡A Nai Patria chama! de 85 metros de altura.
Historia
editarIncendio
editarO 27 de agosto de 2000 ocorreu un grande incendio na torre que se iniciou a unha altura de 460 metros e no que arderon tres pisos completamente. Durante a extinción do lume finaron tres persoas. Decenas de cables que sosteñen o edificio rompéronse pola calor, pero a pesar disto a torre resistiu en pé. Máis tarde estes cables foron repostos. Actualmente a súa reconstrución está paralizada, e por razóns técnicas non se instalou un elevador adicional. O 25 de maio de 2007 a torre incendiouse outra vez, porén este incendio non tivo consecuencias tan serias como o do ano 2000. Todas as persoas que estaban no interior da torre foron evacuadas e o lume foi extinguido sen problemas.
Restaurante
editarO restaurante O sétimo ceo atópase a unha altura de 328 metros e ocupa uns tres pisos. Ten forma circular e xira sobre o seu eixo cunha velocidade de entre unha e tres voltas por hora.[1] En toda a súa historia, o restaurante e a plataforma de observación recibiron máis de 10 millóns de visitas.[2] Na actualidade a plataforma de observación está reparada e desde o 7 de abril do ano 2009 realízanse excursións para grupos organizados. Porén o restaurante permanece pechado.
Bandeira
editarAta o ano 1991 a bandeira da Unión Soviética estaba situada na parte superior da torre. O 12 de xuño de 2009, coincidindo co Día de Rusia izouse unha bandeira de Rusia de 2,5 metros de ancho e 5 de largo.[3]
Servizos de Telecomunicacións
editarTelevisión
editarPrograma | Canal | Frequencia | ERP |
---|---|---|---|
Perviy Kanal | 1 | 52 MHz | 40 kW |
TV Center | 3 | 80 MHz | |
Sport | 6 | 178 MHz | 100 W |
NTV | 8 | 194 MHz | |
RTR | 11 | 218 MHz | 60 kW |
TV Daryal | 23 | 490 MHz | 10 kW |
Euronews | 25 | 506 MHz | |
STS-Moscow | 27 | 522 MHz | |
7 TV | 29 | 538 MHz | 10 kW |
Domashny | 31 | 554 MHz | 20 kW |
ORT, RTR, Eurosport, Euronews | 32 | 562 MHz | 1,3 kW |
Culture | 33 | 570 MHz | 20 kW |
TNT | 35 | 586 MHz | 2 kW |
MTV | 38 | 610 MHz | |
TV-3 Russia | 46 | 674 MHz | |
REN-TV | 49 | 698 MHz | 1 kW |
Muz-TV | 51 | 714 MHz | |
ZVEZDA | 57 | 762 MHz | |
2 X 2 | 60 | 786 MHz | 5 kW |
Radio
editarEstación | Frequencia | ERP |
---|---|---|
"Radio Russia", "Radio Podmoskovie", "Radiocompany Moscow" | 66,44 MHz | 15,0 kW |
"Unost" | 68,84 MHz | 15,0 kW |
"Mayak" | 67,22 MHz | 15,0 kW |
"Europa Plus" | 69,80 MHz | 15,0 kW |
"Russian Radio" | 71,30 MHz | 10,0 kW |
"Orpheus" | 72,14 MHz | 15,0 kW |
"Radio Retro" | 72,92 MHz | 15,0 kW |
"Echo of Moscow" | 73,82 MHz | 10,0 kW |
"Radio Retro" | 88,30 MHz | 1,0 kW |
"Radio Jazz" | 89,10 MHz | 1,0 kW |
"Classic Radio" | 100,90 MHz | 5,0 kW |
"Dinamit FM" | 101,2 MHz | 10,0 kW |
"Radio Maximum" | 103,7 MHz | 10,0 kW |
"Russian Radio" | 105,70 MHz | 10,0 kW |
"Europa Plus" | 106,2 MHz | 10,0 kW |
Notas
editar- ↑ Historia Arquivado 11 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Plataforma de observación Arquivado 16 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Despliegan la bandera rusa en la torre más alta de Europa[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre Ostankino |
Ligazóns externas
editar- Ostankino Television Tower
- BBC: Moscow's TV tower saved
- Ostankino Tower Above the Clouds at EnglishRussia.com
- Ostankino Tele Tower at Skyscraperpage.com
- Building Tallest Tower at EnglishRussia.com