Bandeira da Unión Soviética
A bandeira da Unión Soviética foi adoptada por primeira vez no decembro de 1922 durante o I Congreso dos Soviets da URSS. Chegouse á conclusión de que "o estandarte do Partido transformouse no símbolo do Estado, e ao redor desa bandeira agrupáronse os pobos das repúblicas soviéticas para unirse nun Estado: a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas". O 30 de decembro do 1922 o Congreso adoptou unha Declaración de Acordo sobre o estabelecemento da URSS. O artigo 22 do Acordo afirmaba que "a URSS ten unha bandeira, un escudo de armas e un selo estatal".
Bandeira de Unión Soviética | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 12 de novembro de 1923 |
Cores | Vermello Ouro |
A Constitución soviética de 1924 describía a primeira bandeira, adoptada o 6 de xullo de 1923 na segunda sesión do Comité Executivo Central da URSS (CIK). O artigo 71 dicía: "A bandeira estatal da Unión das RSS consiste nun campo vermello ou escarlata co escudo de armas do Estado". Deseñouse cunha proporción de 1:4, infrecuente en vexiloloxía, e consistía nunha bandeira vermella co escudo de armas da Unión Soviética no centro. Mais, nunca se fixo esta bandeira e foi oficial só durante catro meses. O 12 de novembro do 1923, a terceira sesión do CIK escribiu un novo artigo, e o artigo 71 pasou a dicir: "A bandeira da URSS consiste nun campo vermello ou escarlata, e no canto un fouciño e un martelo dourados, e so eles, unha estrela de cinco puntas bordada noutro. A relación entre o ancho e alto é 1:2". No anverso da nova bandeira había un fondo vermello cun martelo cruzado cun fouciño e unha estrela vermella na parte superior. O martelo simbolizaba os traballadores industriais da nación, mentres que o fouciño representaba os labregos. A estrela simbolizaba ao goberno do Partido Comunista.
O 15 de agosto de 1980 modificábase levemente a bandeira, facendo o reverso vermello sen fouce nin martelo nin ningunha outra inscrición ou ornamento. Tamén se cambiou a cor da bandeira por unha tonalidade máis brillante. Coa desmembración da URSS o 3 de decembro do 1991, a bandeira deixou de ser unha bandeira oficial.
Estandarte da Vitoria
editarO 15 de abril de 1996, Boris Eltsin firmaba un decreto presidencial, facendo elevar a bandeira soviética a un nivel similar á nova bandeira de Rusia, a diferenza desta versión era que só tería a estrela vermella, sen o fouciño e o martelo, e bautizouna como o Estandarte da Vitoria, conmemorando a ocasión na que o Exército Vermello fixeron ondear a bandeira soviética so o Reichstag o 1 de maio de 1945. E nalgunhas datas faise izar o Estandarte da Vitoria xunto a bandeira rusa.
Durante o goberno de Vladimir Putin incluíuse a estrela vermella na bandeira oficial do exército ruso.
No 2007, unha lei federal[1] da Federación Rusa, asinada por Putin, devolvía o fouciño e o martelo ao Estandarte da Vitoria, por ser a simboloxía orixinal da bandeira.
-
Estandarte actual
Outras bandeiras soviéticas
editar-
Bandeira da Armada Vermella
-
Bandeira de proa
-
Bandeira da Garda Costeira
-
Bandeira do Exército Vermello
Influencia sobre outras bandeiras no mundo
editarA bandeira da Unión Soviética influenciou na eleccións das bandeiras dos estados socialistas emerxentes posteriormente. Os seguintes son algúns dos exemplos:
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Bandeiras orixinais da URSS (en español)
- Páxina de Flags of the World sobre a URSS (en inglés)