Torneiros, O Porriño
San Salvador de Torneiros é unha parroquia do concello do Porriño. Segundo o IGE en 2014 tiña 3889 habitantes (1925 homes e 1964 mulleres), 130 menos ca en 2004 (2048 mulleres e 1971 homes) e 123 máis ca en 1999. Ten 8 entidades de poboación.
Torneiros | |
---|---|
Igrexa de San Rosendo | |
Concello | O Porriño[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°09′15″N 8°37′53″O / 42.154027777778, -8.6314722222222 |
Poboación | 3889 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Actualmente o arcebispado distingue, e só con carácter eclesiástico, entre San Salvador de Torneiros e San Rosendo de Torneiros. Esta última foi creada en 1995[2] e está formada polos polígonos residenciais presentes na parroquia, construídos no lugar da Relva.
Historia
editarO nome de Torneiros provén da profesión aferrada aos tornos, abundantes na zona ao longo do río que percorre a parroquia. Indicios da tradición oral dan lugar á existencia de asentamentos de antigos precursores na parroquia, así como alteracións no terreo como é no caso do coto da Mota (barrio da Mota). A Mota consta no PXOM do Porriño (aprobado o 26/6/2003 e publicado no BOP o 21/10/2003) como zona de protección integral e xeral debido a existencia de elementos arqueolóxicos da época medieval[3].
Cultura
editarTorneiros goza de festas emblemáticas, como é a Xuntanza de Torneiros, de máis de 30 anos, organizada dende os seus comezos pola Asociación de Veciños de Torneiros e con grande interese no municipio e arredores.
Nos seus comezos a festa dos callos do Porriño foi levada a cabo no recinto da asociación de veciños da parroquia, instalacións que soportaban a gusto a presenza de toda a xente asistente. Por motivos políticos esta festa desvinculouse da parroquia para celebrarse no centro da vila.
A igrexa de San Salvador de Torneiros é a única da parroquia. Garda no seu interior as imaxes do Salvador e da Virxe das Frores. Tamén dispón de dúas capelas, a de San Roque e a de San Rosendo. A capela de San Roque foi creada a mediados do século XX e foi restaurada tras un terrible incendio; no seu interior garda a imaxe do tan milagreiro San Roque (15-16-17-agosto, festa local). A de San Rosendo foi creada fai menos dunha década e ten un estilo moderno.
Educación
editarEsta parroquia posúe dous colexios de educación primaria, o CEIP Antonio Palacios (primeiro colexio de ensinanza mixta implantado na comarca) e o CEIP Ribeira (que tamén imparte clases de ESO). Para o ensino secundario, tanto obrigatorio como para adultos, en Torneiros está o IES Ribeira do Louro, segundo instituto creado no concello despois do IES Pino Manso. Nun primeiro momento funcionou como instituto de formación profesional pero coa implantación da LOXSE pasou a ter tanto ESO, Bacharelato tecnolóxico, de humanidades e de letras como ciclos medio e superior de comercio internacional, ciclo medio de electrónica de consumo e superior de informática e telecomunicacións.
Investigación
editarEsta parroquia dispón do único instituto tecnolóxico da zona, o Centro Tecnolóxico Armando Priegue - AIMEN (Asociación de Investigación Metalúrgica Española del Noroeste), institución sen ánimo de lucro coa finalidade de investigación en materiais e novas técnicas de fabricación.
Lugares e parroquias
editarLugares de Torneiros
editarLugares da parroquia de Torneiros no concello do Porriño (Pontevedra) | |
---|---|
Casal de Vello | O Contrasto | A Florida | A Gándara | A Mota | O Noval | A Pereira | A Relva | A Ribeira | O Seixo |
Parroquias do Porriño
editar