Tora! Tora! Tora!

Tora! Tora! Tora! (トラ・トラ・トラ) é unha película épica estadounidense e xaponesa de xénero bélico estreada en 1970. Foi dirixida por Richard Fleischer, Kinji Fukasaku e Toshio Masuda, e producida pola 20th Century Fox, baseada no ataque xaponés a Pearl Harbor (Hawai, Estados Unidos), o 7 de decembro de 1941.

Tora! Tora! Tora!
Ficha técnica
Título orixinalトラ・トラ・トラ
DirectorRichard Fleischer, Kinji Fukasaku e Toshio Masuda
ProdutorElmo Williams
Darryl F. Zanuck
Keinosuke Kubo
Otto Lang
Masayuki Takagi
GuiónLadislas Farago
Gordon W. Prange
Larry Forrester
Ryuzo Kikushima
Hideo Oguni
Akira Kurosawa
IntérpretesMartin Balsam
Joseph Cotten
E.G. Marshall
Tatsuya Mihashi
James Whitmore
Sō Yamamura
Jason Robards
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaAndrew Lesnie
MontaxeJames E. Newcom
Estudio20th Century Fox
Distribuidora20th Century Studios
Estrea1970
Duración144 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Xapón
XéneroBélico
Orzamento$ 25.000.000[1]
LinguaInglés e xaponés
Na rede
IMDB: tt0066473 Filmaffinity: 240724 Allocine: 38832 Rottentomatoes: m/tora_tora_tora Allmovie: v50467 TCM: 93648 Metacritic: movie/tora!-tora!-tora! TV.com: movies/tora-tora-tora Netlix: 1056678Editar o valor em Wikidata

O título provén da expresión "Tora, tora, tora", o código utilizado pola Armada Imperial Xaponesa para anunciar o éxito en obter o factor sorpresa no devandito ataque. Tora (虎) literalmente significa "tigre", pero neste caso é un acrónimo de totsugeki raigeki (突撃雷撃, "ataque lóstrego").[2]

Sinopse editar

O filme relata o ataque xaponés á base naval estadounidense de Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941. "Tora! Tora! Tora!" era a frase en clave que utilizaban os xaponeses para indicar que se alcanzou o éxito tras a primeira onda dun ataque. A película reproduce de maneira meticulosa o ataque a Pearl Harbor, así como todos os feitos que lle precederon, tanto por un como por outro bando: por parte dos militares xaponeses, como e por que decidiron desencadear un ataque por etapas; pola outra parte, o feito de que algúns altos mandos do exército estadounidense, nos que reinaba o escepticismo e a excesiva confianza, ignorasen esta posibilidade dun ataque a grande escala.

Elenco editar

A película inclúe un gran elenco de estrelas:

Características editar

A obra fílmica está baseada en feitos históricos e trata de apegarse notábel e obxectivamente á realidade, sen escatimar en demostrar os erros de ambos os bandos. En canto ás actuacións dos personaxes, tanto Sō Yamamura como o almirante Isoroku Yamamoto, e Tatsuya Mihashi, como o capitán Fuchida polo lado xaponés, foron boas e proverbiais pois en especial Yamamura non era actor profesional. O actor Eijiro Ton interpretando ao vicealmirante Chuichi Nagumo amosou a actitude sobreprecavida e con absoluta falta de iniciativa que caracterizou a este mariño xaponés.

Os efectos especiais son excelentes se se toma en conta a época en que se fixeron. Preparáronse grandes modelos (aproximadamente de escala 1:35) do Nevada e o Arizona nun estanque xigante. Son notábeis as maquetas ben logradas do acoirazado Nagato e da ponte do portaavións Akagi usadas como set. Neste filme, a ponte-illa do Akagi é amosada a estribor, cando en realidade estaba a babor. Ademais, é amosado un portaavións clase Essex como un portaavións xaponés.

Os avións invasores Zero foron "personificados" por avións Texan, tal como se menciona na epígrafe da foto. Isto é polo parecido existente entre ambos os avións e porque, ao finalizar a guerra, os acordos de paz obrigaron ao Xapón a destruír calquera equipo militar que tivese. En consecuencia, destruíronse moitísimos Zero e ficaron moi poucos sobreviventes, que non eran suficientes para facer a película e que tampouco estaban en condicións de voar.

As escenas do ataque son destacadas, en especial o ataque ao campo Henderson e ao campo Bickman. A escena dos avións Curtiss P-40 facendo esforzos por atacar aos Mitsubishi A6M Zero xaponeses é unha das escenas destacábeis da película.

Premios editar

A película tivo cinco candidaturas ao premio Óscar, e recibiu o de mellores efectos visuais.

Notas editar

  1. Tora! Tora! Tora! (1970). Cine.com.
  2. Tora. www.behindthename.com.