Isoroku Yamamoto

Almirante da armada xaponesa

Isoroku Yamamoto (山本 五十六, やまもと いそろく), nado en Nagaoka, prefectura de Niigata, no Xapón, o 4 de abril de 1884, e finado nas Illas Salomón en 1943, foi un almirante xaponés.

Modelo:BiografíaIsoroku Yamamoto

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 山本五十六 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1884 Editar o valor en Wikidata
Nagaoka, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte18 de abril de 1943 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Bougainville, Papúa Nova Guinea Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate
ditching (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Tama, 7-特-1-2 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Naval War College (en) Traducir
Imperial Japanese Naval Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
LealdadeImperio do Xapón Editar o valor en Wikidata
Rama militarMarinha Imperial Japonesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militaralmirante Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra ruso-xaponesa
Batalla de Midway
segunda guerra mundial
Operação Vingança (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ямамото Исороку)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: 高野-1 Find a Grave: 20381 Editar o valor en Wikidata

Cursou estudos na Escola Naval e máis tarde participou na guerra ruso-xaponesa. En 1926 foi nomeado agregado naval da embaixada xaponesa en Washington e, entre 1934 e 1935, representou ao seu país na conferenza naval de Londres, na que rexeitou as peticións internacionais para que o Xapón reducira a súa frota de guerra.

En 1936 foi nomeado viceministro da frota xaponesa e, pouco despois do inicio da segunda guerra mundial, comandante en xefe das forzas navais. Opúxose á participación xaponesa na contenda bélica, argumentando que o Xapón non contaba cos recursos necesarios para vencer aos Estados Unidos, pero unha vez decidida, planificou o ataque sobre Pearl Harbor, convencido de que só un ataque por sorpresa danaría ás forzas estadounidenses. Porén, tal como predicira, trala vitoria estadounidense na batalla de Midway a guerra cambiou de signo e comezou o declive do Xapón.

Yamamoto morreu durante unha inspección da fronte, ao ser derribado o avión no que viaxaba polo exército estadounidense, que lograra descifrar o código secreto dos xaponeses e coñecía a ruta que ía seguir o aparato que trasladaba ao almirante.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar