Batalla de Midway
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2016.) |
A batalla de Midway foi a batalla naval máis importante da campaña do Pacífico da segunda guerra mundial. Entre o 4 e o 7 de xuño de 1942, só seis meses despois do ataque xaponés a Pearl Harbor, e un mes despois da batalla do mar do Coral, a armada dos Estados Unidos derrotou decisivamente á Armada Imperial Xaponesa nun ataque contra o atol Midway, inflixindo danos irreparables á frota xaponesa. O historiador militar John Keegan chamouna "o golpe máis espectacular e decisivo da historia da guerra naval".
Batalla de Midway | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Douglas SBD-3 Dauntless estadounidenses do USS Hornet a piques de atacar o cruceiro Mikuma por terceira vez o 6 de xuño. | |||||||||
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
![]() |
![]() | ||||||||
Comandantes | |||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
3 portaavións 7 cruceiros pesados |
4 portaavións
2 acoirazados |
A operación xaponesa, ao igual que o anterior ataque a Pearl Harbor, buscaba eliminar os Estados Unidos como unha potencia estratéxica no Pacífico, dándolle así vía libre ao Xapón para crear a súa Esfera de Coprosperidad da Gran Asia Oriental. Os xaponeses agardaban que outra desmoralizante derrota forzase aos Estados Unidos a capitular na Guerra do Pacífico e asegurar así o dominio xaponés no océano.
O plan xaponés era atraer aos portaavións estadounidenses a unha trampa. A súa intención tamén era a de ocupar Midway como parte dun plan maior de estender o seu perímetro defensivo en resposta á incursión Doolittle. Esta operación taén foi considerada preparatoria para posteriores ataques contra Fiyi e Samoa.
O plan viuse entorpecido por erros xaponeses ao supoñer a reacción estadounidense e pola pobre disposición inicial. Hai que destacar tamén que os criptoanalistas estadounidense foron apaces de determinar a data e o lugar do ataque, permitindo á Mariña estadounidense estar en garda e preparar unha emboscada. Catro portaavións (Akagi, Kaga, Soryu e Hiryu) e un cruceiro pesado xaponés foron afundidos acosta dun portaavións e un destrutor estadounidenses. Despois de Midway, e do desgaste esgotador da campaña nas illas Salomón, os programas de construción naval e adestramento de pilotos non puideron manter o ritmo suficiente para substituír as perdas, mentres que os Estados Unidos aumentaron a súa produción tanto de barcos como de pilotos.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |