Torás, A Laracha

parroquia civil do concello da Laracha

San María de Torás é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 3 852 habitantes (1 895 homes e 1 957 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 2 746 habitantes (1 416 mulleres e 1 330 homes).

Torás
Capela de San Roque.
ConcelloA Laracha[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°15′14″N 8°35′08″O / 43.25386359, -8.585592031
Área5 km²
Poboación3.852 hab. (2018)
Densidade770,4 hab./km²
Entidades de poboación20[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Nesta parroquia atópase a capital municipal, A Laracha. Está situada entre os dous núcleos industriais da zona, Arteixo e Carballo; ademais está próxima á cidade da Coruña e ben comunicada a través da AG-55 e da AC-552.

Estas circunstancias fixeron que experimentase un aumento nos últimos 10 anos, tanto no terreo económico como no de poboación. O crecemento vese reflectido no nivel de servizos dos que dispón: culturais (Casa da Cultura, Biblioteca, Servizos Múltiples...), instalacións deportivas (Polideportivo municipal, Polideportivo IES Agra de Leborís, Piscina Municipal climatizada, Campo de fútbol...), zonas verdes (Área de Ocio Maximino Canedo, O Recreo, Prazas e parques...) e áreas de recreo (Área de Recreo e Praia Fluvial de Gabenlle, Paseo Fluvial de Gabenlle).

Patrimonio

editar

A parroquia ten dúas igrexas: a de Santa María de Torás, do século XIX e a igrexa parroquial de Torás, do século XX, ademais da capela de San Roque e Santo Antóno, na torre de Cillobre, situada no lugar das Torres de Cillobre.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Torás

editar
Lugares da parroquia de Torás no concello da Laracha (A Coruña)

A Barreira | O Campo | A Cheda | Estramil | O Froxo | Gabenlle | A Gándara | A Ganduma | Guilfoi | A Laracha | Leborís | A Miñoteira | Mirón | A Ponte | A Portela | Riotorto | Torás | As Torres de Cillobre | Troa | Vilasuso

Parroquias da Laracha

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Laracha

Cabovilaño (San Román) | Caión (Santa María do Socorro) | Coiro (San Xián) | Erboedo (Santa María) | Golmar (San Bieito) | Lemaio (Santa Mariña) | Lendo (San Xián) | Lestón (San Martiño) | Montemaior (Santa María Madanela) | Soandres (San Pedro) | Soutullo (Santa María) | Torás (Santa María) | Vilaño (Santiago)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar