Tony Wroten

baloncestista estadounidense

Tony Wroten, Jr., nado o 13 de abril de 1993 en Renton, Washington, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 1,98 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.

Tony Wroten
Información persoal
Nacemento 13 de abril de 1993 (31 anos)
Renton, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Garfield
(Seattle, Washington)
Universidade Washington (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 25
Por Memphis Grizzlies
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2012–2013)
Reno Bighorns (D-League) (2012–2013)
Philadelphia 76ers (2013–2015)
Texas Legends (2016–2017)
Rio Grande Valley Vipers (2017–2018)
Kalev (2018–2019)
Anwil Włocławek (2019–2020)
Joventut Badalona (2020)

Instituto editar

No seu primeiro ano no Garfield High School de Seattle, Washington, Wroten acadou 20.8 puntos, 8.7 rebotes e 3.8 asistencias por partido. Foi incluído no primeiro equipo All-Washington State Class 4A de 2009, converténdose no primeiro xogador de primeiro ano da historia en ser incluído en dito equipo. No seu segundo ano, fixo 17.6 puntos, 6.4 rebotes e 4.9 asistencias por partido. Na súa terceira tempada non puido xogar debido a unha lesión no ligamento cruzado anterior.[1] Durante a súa derradeira tempada, fixo 25.0 puntos, 7.5 rebotes e 4.1 asistencias por encontro.[2]

Traxectoria universitaria editar

Na súa tempada coma freshman en Washington, Wroten acadou 16.7 puntos, 5.0 rebotes e 3.6 asistencias por partido. Isto foi suficiente para ser nomeado Freshman do Ano da Pac-12, e ser incluído no primeiro equipo All-Pac-12, converténdose no primeiro freshman da historia da universidade de Washington en ser incluído no All-Pac-12.[1] O 3 de abril de 2012, Wroten decidiu inscribirse para o Draft da NBA de 2012.[3] O seu compañeiro en Washington Terrence Ross tamén decidiu inscribirse no Draft de 2012.[4]

Traxectoria profesional editar

Wroten foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Memphis Grizzlies. Durante a súa tempada coma rookie, foi asignado varias veces ós Reno Bighorns da NBA D-League.[5]

O 22 de agosto de 2013, Wroten foi traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio dunha futura elección do Draft de segunda rolda.[6]

O 30 de xaneiro de 2020, anunciouse a súa fichaxe polo Joventut Badalona da Liga ACB ata final de tempada.[7] O 29 de abril de 2020, Wroten e o Joventut chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Tony Wroten Profile". gohuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2010. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  2. "Tony Wroten Jr. Basketball Stats". maxpreps.com. 
  3. "Washington's Tony Wroten declares for the NBA Draft". espn.go.com. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  4. "Terrence Ross Declares for NBA Draft". gohuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  5. "2012-13 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2014. Consultado o 15 de maio de 2013. 
  6. Grizzlies acquire 2014 second round pick and trade exception from 76ers
  7. El Club Joventut Badalona ficha a Tony Wroten
  8. Tony Wroten, Joventut Badalona part ways

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar