Terrence Ross
Terrence James Elijah Ross, nado en Portland (Oregón) o 5 de febreiro de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Terrence James Elijah Ross 5 de febreiro de 1991 (33 anos) Portland, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Washington Jefferson High School (en) Montrose Christian School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 202 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 31 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Toronto Raptors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Instituto
editarRoss xogou no Jefferson High School en Portland os seus dous primeiros anos de instituto. Coma sophomore, Ross gañou o premio Oregon 5A ó Xogador do Ano, tras liderar a Jefferson a gañar o primeiro de tres campionatos de estado consecutivos. Pasou o súa tempada coma júnior na Montrose Christian School en Rockville, Maryland. Ross volveu ó Jefferson High School no seu derradeiro ano, pero non xogou ó baloncesto.[1]
Traxectoria universitaria
editarNa primeira tempada de Ross coma xogador universitario, acadou 8 puntos, 2,8 rebotes e 1 asistencias por partido. Foi incluído coma mención honorífica no equipo All-Freshman da Pac-10. Foi incluído tamén no mellor equipo de todo o torneo tras facer 15,3 puntos e 2,7 rebotes por partido no Torneo Pac-10.
Na súa tempada coma sophomore, fixo 16,4 puntos, 6,4 rebotes e 1,4 asistencias por partido. Grazas a esta actuación, Ross formou parte do primeiro Equipo All-Pac-12. Washington chegou ás semifinais do torneo nacional, pero perdeu contra os Minnesota Golden Gophers. Nese torneo, Ross acadou 25 puntos e 5,5 rebotes por partido.[1] O 1 de abril de 2012, Ross decidiu declararse elixible para o Draft da NBA de 2012.[2]
Traxectoria profesional
editarO 28 de xuño de 2012, Ross foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Toronto Raptors.
O 14 de febreiro de 2017, Ross foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2017 ós Orlando Magic a cambio de Serge Ibaka.[3]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Terrence Ross Profile". gohuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ "Terrence Ross Declares for NBA Draft". gohuskies.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ "Magic Acquire Terrence Ross and 2017 First Round Pick From Raptors". NBA.com. 14 de febreiro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 23 de febreiro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)