Tona (leite)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tona.
A tona é a camada sólida formada sobre o leite, que se forma coa graxa deste cando se deixa en repouso[1]. É unha camada mesta e graxa que se forma cando o leite se quenta até ferver. Prodúcese por aglomeración de lactoalbúmina (unha proteína propia do leite), que se desnaturaliza coa calor.

Tona a preparar arroz con leite
Aínda que é semellante no aspecto, e ás veces se denomina «nata» a esta crema de leite cando flota, son quimicamente distintas, e incluso teñen sabores e texturas distintos.
Cómpre diferenciar a tona da nata, dado que a primeira se refire á coagulación de proteínas, mentres que a segunda se refire á separación do contido graxo do leite.
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tona.