Tomiño (planta)

planta aromática da familia das labiáceas
(Redirección desde «Tomentelo»)

O tomiño[1][2] ou tomentelo[3] é unha planta aromática da familia das labiáceas. O seu nome científico é Thymus vulgaris L. Dálle nome ó concello de Tomiño.

Descrición editar

Trátase dunha planta vivaz e rastreira, con pólas delgadas e de sección cuadrangular, cubertas de abundante pilosidade. As follas son ovais, obtusas, duns 18x10 mm. As flores nacen no verán, en grupos terminais e cunhas brácteas na base semellantes ás follas, cunha corola bilabiada, de cor rosa púrpura.

O tomiño é planta propia de prados, beiras dos camiños e, en xeral, terreos húmidos, entre os 500 e os 1.500 m de altitude.

Usos medicinais editar

Presenta propiedades antiespasmódicas, antitusivas, expectorantes e antisépticas. Por estas propiedades utilízase na medicina tradicional para tratar problemas respiratorios coma catarro, bronquite, tose etc., así como para casos de inapetencia, malas dixestións, cistite; cómpre ter precaución na dose porque pode provocar reaccións alérxicas, especialmente nos meniños. Por vía externa, serve para combate-lo reumatismo.

O tomiño na cultura popular galega editar

Para curar o reumatismo quéimase tomiño e nébeda, e co fume afuman ben a camisa do enfermo. Deste xeito a enfermidade desaparecerá por moito tempo ou mesmo para sempre (Lis Quibén).

  • Miña Virxe da Peneda/ está peitanto o cabelo/ cunhas herbiñas do monte/ que lle chaman tormentelo.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tomiño.
  2. No Gran Diccionario Xerais da Lingua (GDXL) do 2000 aparece con este nome.
  3. Sinónimo secundario no GDXL .

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
  • RIGUEIRO RODRÍGUEZ, Antonio, e outros: Guía de plantas medicinais de Galicia. Galaxia, Vigo 1996.