Abrir o menú principal

Tomas Tranströmer Gösta, nado o 15 de abril de 1931 en Estocolmo e finado o 26 de marzo de 2015[1], foi un escritor, poeta e tradutor sueco, cuxa poesía foi traducida a máis de 60 idiomas. Foi o gañador do Premio Nobel de Literatura 2011, "xa que, a través das súas condensadas, transparentes imaxes, dános un acceso fresco á realidade". Tranströmer é aclamado como un dos escritores escandinavos, máis importantes dende a Segunda Guerra Mundial. Os críticos eloxiaron os poemas de Tranströmer pola súa accesibilidade, mesmo na tradución; as súas descricións dos longos invernos suecos, o ritmo das estacións e a palpable beleza da natureza.

Tomas Tranströmer
Nobel prize medal.svg
Transtroemer.jpg
Nacemento15 de abril de 1931
 Flag of Sweden.svg Estocolmo
Falecemento26 de marzo de 2015
 Estocolmo
CausaIctus
SoterradoKatarina kyrkogård
NacionalidadeSuecia
Relixiónateísmo
Alma máterUniversidade de Estocolmo
Ocupaciónlingüista, poeta, tradutor, psicólogo e escritor
CónxuxeMonica Bladh
FillosEmma Tranströmer e Paula Tranströmer
XénerosPoesía
Coñecido/a porBaltics, For the Living and the Dead e The Sorrow Gondola
PremiosPremio Nobel de Literatura, Litteris et Artibus, Neustadt International Prize for Literature, Prémio Literário do Conselho Nórdico, Aftonbladet Literary Award, Aniara Award, Named Professor, Grande Prémio dos Nove, Prémio Nórdico da Academia Sueca, Kellgren Award, Prémio August, Premio Nonino e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Índice

VidaEditar

Tranströmer recibiu a súa educación secundario na Escola Södra Latin de Estocolmo, graduándose en Psicoloxía, Historia da Literatura e Historia das Relixións na Universidade de Estocolmo en 1956. Comezou a escribir ao trece anos, publicando a súa primeira colección de poemas, 17 dikter (Dezasete poemas) en 1954. A súa antoloxía máis recente, Dean stora gåtan (Gran enigma), foi publicada no 2004. Tamén editou unha autobiografía curta, Minnena ser mig (Os lembranzas míranme - Visión da memoria), en 1993.

Outros poetas, especialmente na década de 1970, acusárono de apartarse da tradición e de non incluír temas sociais nos seus poemas e novelas. O seu traballo apóiase nunha linguaxe modernista, expresionista e ás veces surrealista, con retratos aparentemente simples a partir da vida diaria e da natureza en detalle, revela unha penetración mística en canto aos aspectos universais da mente humana. En 1990, sufriu unha hemiplexía que afectou o seu discurso, mais continúa a escribír. Gustáballe tamén tocar o piano.

CríticaEditar

A crítica internacional considérao un dos poetas máis sobresaíntes de Suecia. En 2011 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura; previamente gañara o premio Bonnier de poesía, o premio internacional Neustadt de literatura, o Oevralids, o Petrach de Alemaña, e o galardón sueco do Foro Internacional da Poesía. A súa obra poética foi traducida a máis de sesenta idiomas.

ObraEditar

Coleccións suecasEditar

  • 17 dikter 1954
  • Hemligheter på vägen, 1958
  • Den halvfärdiga himlen, 1962
  • Klanger och spår, 1966
  • Mörkerseende, 1970
  • Stigar, 1973
  • Östersjöar, 1974
  • Sanningsbarriären, 1978
  • Det vilda torget, 1983
  • För levande och döda, 1991
  • Sorgegondolen, 1996
  • Den stora gåtan, 2004
  • Galleriet: Reflected in Vecka nr.II, 2007


NotasEditar

Véxase taménEditar