Titus Brandsma

Titus Brandsma, nado o 23 de febreiro de 1881 como Anno Sjoerd Brandsma en Oegeklooster, Frisia (Países Baixos),[1] e finado no Campo de concentración de Dachau (Alemaña) o 26 de xullo de 1942, foi un sacerdote católico que loitou contra o nazismo.

Titus Brandsma
TitusBrandsma1932.jpg
Nome completoAnno Sjoerd Brandsma
Nacemento23 de febreiro de 1881
Lugar de nacementoBolsward
Falecemento26 de xullo de 1942
Lugar de falecementoCampo de concentración de Dachau
Causainjeção letal
NacionalidadeReino dos Países Baixos
RelixiónIgrexa católica
Alma máterPontificia Universidade Gregoriana
Ocupaciónteólogo, lingüista, esperantista, filósofo, profesor universitario, sacerdote católico, xornalista, membro da resistencia, tradutor e frade carmelita
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Recibiu a ordenación sacerdotal en 1905 e ingresou na Orde de Santa María do Monte Carmelo o 17 de setembro de 1898. Licenciado en Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de filosofía e historia na Universidade católica de Nijmegen, da que foi reitor e xornalista.

Trala ocupación de Holanda polas tropas alemás durante a Segunda Guerra Mundial, denunciou publicamente ao nacionalsocialismo como unha ideoloxía pagá, pronunciouse a prol da liberdade de prensa e condenou a persecución dos xudeus. Axudou a moitos xudeus a fuxir do país. O bispado holandés encargoulle eliminar a propaganda nazi da prensa católica.

O 19 de xaneiro de 1942 foi detido pola Gestapo e levado ao campo de concentración de Dachau onde foi cruelmente torturado e finalmente asasinado o 26 de xullo do mesmo ano mediante unha inxección letal. Estaba interesado na lingua internacional esperanto. Hoxe é recoñecido como o patrón dos Esperantistas católicos, xunto con Maximiliano Kolbe.[2]Foi beatificado por Xoán Paulo II o 3 de novembro de 1985.[3]

NotasEditar

  1. Rees, 1971, p. 11.
  2. "The Catholic Esperantists". 
  3. vatican.va (ed.). "Beati e Santi del Pontificato di Giovanni Paolo II" (en italiano). Consultado o 28/01/14. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Joseph Rees (1971). Sidgwick and Jackson, ed. Titus Brandsma: a modern martyr. 
  • P J Clarke (2012). Strategic Book Publishing, ed. Lives That Made a Difference. pp. 246–249. ISBN 9781622120147.