Tito Vázquez
- Non se debe confundir con Mariano Tito Vázquez (1870-1952), pintor.
Modesto "Tito" Vázquez, nado o 1 de xaneiro de 1949 en Rabal, en Ourense, é un ex xogador de tenis arxentino que foi profesional na década de 1970 e que posteriormente exerceu como adestrador de tenis e capitán do Equipo arxentino de Copa Davis en dúas ocasións.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1949 (75 anos) Celanova (España) | ||||||||||||||||
Educación | Universidade de California, Os Ánxeles | ||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||
Peso | 66 kg | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||
Deporte | tenis | ||||||||||||||||
|
Despois de proclamarse campión arxentino xuvenil en diversas ocasiónns seguiu coa súa formación na Universidade de California (UCLA), conseguindo tres títulos consecutivos da NCAA, e compartiu equipo con Jimmy Connors, entre outros. Formou parte do equipo arxentino de Copa Davis nos anos 1966, 1968 e 1970, e na súa carreira profesional destaca a súa actuación en dobres, modalidade na que conseguiu dous títulos en catro finais disputadas.
Tras finalizar a súa carreira profesional como xogador, converteuse en adestrador do tenista paraguaio Víctor Pecci, co cal chegou á final de Roland Garros en 1979. En 1986 converteuse en capitán do equipo arxentino de Copa Davis, o primeiro tras Vilas e Clerc. Alí conseguiu o ascenso ao Grupo Mundial e fixo debutar, entre outros, a Javier Frana. Antes fora capitán dos equipos de Copa Davis de Paraguai e Venezuela.
Traballou, entre outros cargos, durante sete anos como adestrador para a LTA (Asociación de Tenis do Reino Unido) e como director de desenvolvemento da AAT (Asociación Arxentina de Tenis), cargo que ocupa actualmente. Trala renuncia de Alberto Mancini como capitán arxentino de Copa Davis despois da derrota arxentina a mans de España na final do ano 2008, a AAT elixiuno como capitán por segunda vez e tivo este cargo nos anos 2009, 2010 e 2011, logrando cuartos de final, semifinais e final, perdendo por 3-1 ante España.
Títulos (2; 0+2)
editarDobres (2)
editarLenda |
Grand Slam (0) |
Tennis Masters Cup (0) |
ATP Tour (2) |
Nº | Data | Torneo | Superficie | Parella | Contrincantes na final |
---|---|---|---|---|---|
1. | 1974 | Hilversum | Terra batida | Guillermo Vilas | Lito Álvarez Julián Ganzábal |
2. | 1976 | Buenos Aires | Terra batida | Carlos Kirmayr | Ricardo Cano Belus Prajoux |
Finalista en dobres (2)
editarNº | Data | Torneo | Superficie | Parella | Contrincantes na final |
---|---|---|---|---|---|
1. | 1973 | Jackson | Dura (i) | Jaime Pinto-Bravo | Zan Guerry Frew McMillan |
2. | 1973 | Kitzbuhel | Terra batida | Jose Mandarino | Jim McManus Raúl Ramírez |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Modesto Tito Vázquez, el capitán
- Quién es Tito Vázquez Arquivado 16 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
- Mi amigo, el Flaco...