Tino Pardo

piloto de rallys galego

Celestino Pardo Corral, coñecido como Tino Pardo, nado en Xermade o 26 de maio de 1942, pero afincado en Ferrol, é un ex piloto galego de rallys.

Infotaula de personaTino Pardo
Biografía
Nacemento26 de maio de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Xermade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata

Foi o vencedor da primeira tempada do Campionato de Galicia de Rally en 1979 e competiu tamén en numerosas carreiras de montaña.[1]

Traxectoria editar

En 1978, no seu primeiro ano de competición proclamouse subcampión galego de montaña tras vencer na VI Subida á Bailadora, obtendo o segundo posto na IV Subida a San Antoniño e na IV Subida ó Iroite, resultados obtidos a bordo dun Fórmula Juncosa 1800 que fora propiedade de Jean Claude.

No seu segundo ano en activo, en 1979, conquistou o Campionato de Galicia de Rally grazas á súa regularidade[1] , obtendo o segundo posto na IV Subida a Celas de Peiro, na V Subida a San Antoniño, e na II Subida ó Roxal co Fórmula Juncosa 1800. En rallys, pilotando un Seat 124 1800 de grupo 2, foi vencedor no grupo 2 no X Rally de Ferrol (3º absoluto), no XV Rally Rías Baixas (5º absoluto), ambas probas do Campionato de España, e tamén no Rally San Froilán e no Rally San Martiño (2º posto absoluto).

No ano 1980 obtivo o segundo posto no campionato que gañou Carlos Piñeiro, tras acabar segundo o Rally de Ferrol, por detrás de Marc Etchebers.[2][3] Venceu no grupo 2 na II, III e IV Subida á Grela e tamén no Rally de Grado, en Asturias.

Quedou cuarto no ano 1981 e sexto na clasificación de montaña, tras obter 6 segundos postos de clase e 3 terceiros, sempre a bordo do Seat 124 2000 de grupo 2.

Na temporada 1982 gañou a súa clase (5º absoluto) no V Rally dos Pazos e foi segundo absoluto no XII Rally da Coruña, sendo segundo de clase na VII Subida a Celas de Peiro (5º absoluto), na VIII Subida ao Iroite (8º absoluto) e no XVI Rally do Lacón (7º absoluto).

Participou en probas de xeito esporádico nas temporadas 1983, 1984 e 1985 para retirarse definitivamente da competición no Rally das Pontes de 1987.

O seu irmán Antonio Pardo tamén competiu en rallys, chegando a ser 4º no Rally de Ferrol de 1980 cun Renault 5 Alpine.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Tino Pardo, campeón gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 1980. p. 45. 
  2. "Clasificación final do Rally de Ferrol de 1980". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 31 de agosto de 2020. 
  3. "Automovilismo: Los pilotos de la escudería Ferrol ganaron todos los premios, salvo el de montaña en 1980". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1981. p. 26. 
  4. "Los Pardo Corral, una familia de pilotos". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de decembro de 1979. p. 54. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.