Subida a Celas de Peiro

competición automobilística galega

A Subida a Celas de Peiro foi unha carreira automobilística de montaña celebrada anualmente en Celas (Culleredo) entre 1976 e 1982. Estaba organizada pola Escudería Centollo e foi puntuable para o Campionato Galego de Automobilismo e o Campionato de Galicia de Montaña.

Modelo:Competición deportivaSubida a Celas de Peiro
Tipocompetición deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor em Wikidata
OrganizadorEscudería Centollo Editar o valor em Wikidata
Parte deCampionato Galego de Automobilismo e Campionato de Galicia de Montaña Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCelas (Culleredo) 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111Coordenadas: 43°17′18″N 8°23′19″O / 43.288333333333, -8.3886111111111 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1976 – 1982 Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosAlberto González Fernández (3) Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

En 1975 o Moto Club Coruña organizara unha subida motociclista a Celas, en Culleredo. En 1976 pasaron a celebrarse o mesmo día a subida motociclista e outra para automóbiles organizada pola Escudería Centollo.[1] O coruñés Santiago Salido cun Alpine A110 1800 gañou a primeira edición e tamén a segunda, empatando nesta última no primeiro posto co pontevedrés Alberto González "Camba". En 1978 o gañador foi o coruñés Carlos Arrojo cun SEAT 600 1800, mentres que os Alpine A110 1800 de Camba e José Manuel Oanes completaron o podio.[2] Camba venceu de novo en 1979 e 1982, mentres que Carlos Piñeiro e Luis Barrio gañaron nas edicións de 1980 e 1981.

Palmarés

editar
Ano Nome Vencedor Vehículo
1976 I Subida á Coruña[1]   Santiago Salido Alpine A110 1800
1977 II Subida á Coruña[3]   Santiago Salido e Camba (empate)
1978 III Subida a Celas de Peiro "Memorial Carlos Pan Aguiar"[2]   Carlos Arrojo SEAT 600 1800
1979 IV Subida de Velocidade á Coruña[4]   Camba Selex Fórmula 1800
1980 V Subida a Celas de Peiro[5]   Carlos Piñeiro SEAT 124 2100
1981 VI Subida automobilística a Celas de Peiro[6]   Luis Barrio Selex Fórmula 1800
1982 VII Subida a Celas[7]   Camba Selex 16V
  1. 1,0 1,1 "Esperanzador triunfo general obtenido por los pilotos de la Escudería «La Coruña», en la pasada «I Subida a La Coruña»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 24 de marzo de 1976. p. 41. 
  2. 2,0 2,1 "Subida a Celas de Peiro". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 1978. p. 39. 
  3. "Jesús Bárbara, vencedor en la Subida a Celas". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 1977. p. 45. 
  4. "Los F-1800 dominaron la IV Subida de velocidad a La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 1979. p. 29. 
  5. "Carlos Piñeiro, vencedor en Celas de Peiro". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de marzo de 1980. p. 37. 
  6. "Triunfo del ferrolano Luis Barrio". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de marzo de 1981. p. 36. 
  7. "Camba, incontenible en la «Subida a Celas»". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de marzo de 1982. p. 38.