Tierra de Barros

A Tierra de Barros é unha comarca situada no centro da provincia de Badaxoz, en Estremadura, entre as veigas do río Guadiana e as estribacións montañosas de Serra Morena. A súa capital é Almendralexo.

Tierra de Barros
Tierra de Barros.png
CapitalAlmendralexo
PaísEspaña España
Comunidade autónomaEstremadura Estremadura
ProvinciaBadaxoz
Concellos15
Poboacion74.872 hab. (2008)
Superficie1419 km²
Densidade53 hab/km²

Recibe o seu nome das características especiais da súa terra arxilosa e loura que, transformada en barro e moldeada, constitúe o medio de vida e costume das localidades da contorna.

É unha das comarcas máis prósperas de Estremadura e a súa principal fonte de ingresos é a produción agrícola de secaño, especialmente viñas e oliveirais, aínda que cunha crecente industria de transformación.

ConcellosEditar

Véxase taménEditar