Tiago Iorc

músico brasileiro

Tiago Iorczeski, máis coñecido como Tiago Iorc, nado en Brasilia (Distrito Federal) o 28 de novembro de 1985, é un cantante e compositor brasileiro.

Tiago Iorc
Nome completoTiago Iorczeski
Data nacemento28 de novembro de 1985 (38 anos)
Nado enBrasilia, Distrito Federal, Brasil
OcupaciónCantante
Tempo en activo2003 - actualidade
Na rede
http://www.tiagoiorc.com/
IMDB: nm5777346 Facebook: iorcmusic Instagram: tiagoiorc Youtube: UC_aoNApcsdzwaWaQQS2spvg Souncloud: tiagoiorcofficial Spotify: 4iWkwAVzssjb8XgxdoOL6M iTunes: 320347202 Last fm: Tiago+Iorc Musicbrainz: eb105211-4d96-4128-9029-7e0a007965cd Songkick: 647920 Discogs: 1782778 Allmusic: mn0002102286 Deezer: 1294975 Genius: Tiago-iorc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Brasilia e radicado en Curitiba, Tiago saíu do país por primeira vez con 10 meses de idade, e ficou até os 5 anos morando en Inglaterra. Tamén morou na cidade de Passo Fundo, no Rio Grande do Sul.

2006-10: Primeiros traballos e Let Yourself In editar

Gañou notariedade musical ao cantar "Scared" nun festival de música da Pontifícia Universidade Católica de Paraná (PUCPR), onde estudaba publicidade. No ano seguinte, a música fixo parte da banda sonora da novela Duas Caras. En 2008, a canción "Blame" fixo parte da novela de João Emanuel Carneiro, A Favorita. A música temén foi tema da capaña Outono/Inverno da marca Renner. Após lanzar varias cancións que formarían parte de bandas sonoras de algunhas telenovelas, en 2007 chega o lanzamento do seu primeiro álbum Let Yourself In, que tamén foi lanzado en Xapón onde a canción "Nothing but a Song" chegou á 19ª posición da Billboad Xaponesa[1] e na Corea do Sur, onde o público o elixiu Mellor Artista Estranxeiro pola súa presentación no Grant Mint Festival de 2010.

2011-14:Umbilical e Zeski editar

 
Iorc nunha presentación na FNAC en decembro de 2011.

Tiago compón as súas propias cancións, a meirande parte delas en inglés, xa que segundo el así consegue expresarse mellor. O seu segundo disco Umbilical foi gravado no Río de Xaneiro e Nova York. Alén do Brasil, o disco foi lanzado na Corea do Sur, Portugal, Estados Unidos de América e no Xapón. En 2013, Tiago lanza o seu terceiro álbum, Zeski, do cal foron divulgados como sinxelos "It's a Fluke", "Música Inedita" e "Forasteiro". En maio de 2015 Tiago anunciou nas redes sociais a portada do seu cuarto álbum, Troco Likes.

2015-actualidade: Troko Likes editar

Días após, a canción "Coisa Linda" foi lanzada como sinxelo do seu novo álbum.[2] Segundo Tiago, a música foi composta por el e Leo Fressato para a súa namorada, a actriz Isabelle Drummond.[3] O disco foi lanzado o día 10 de xullo de 2015 no Spotify.

A canción "Alexandria", do álbum Troco Likes, foi composta por el e Humberto Gessinger.

Discografía editar

Álbums editar

Ano Título Detalles do álbum
2008 Let Yourself In
2011 Umbilical
2013 Zeski
  • Lanzado: 29 de xullo de 2013
  • Gravadora: SLAP
  • Formatos: CD, download dixital
2015 Troco Likes
  • Lanzado: 10 de xullo de 2015
  • Gravadora: SLAP
  • Formatos: CD, download dixital
2016 Sigo de Volta (EP)

Compilacións editar

Ano Título Detalles do álbum
2015 Novelas

Notas editar

  1. "Let Yourself In Tiago Iorc CD Album". CDJapan. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  2. "Cantor Tiago Iorc lança ‘Coisa linda’, primeira música do CD ‘Troco likes’". Globo.com. Consultado o 10 de xullo de 2015. 
  3. "Tiago Iorc lança primeiro single de "Troco Likes"". PurePeople. Consultado o 10 de xullo de 2015.