Tiago Alves Costa

escritor e poeta portugués

Tiago Alves da Costa, nado en 1980 en Vila Nova de Famalicão, é un ecritor e poeta portugués moi relacionado coa Galiza.

Infotaula de personaTiago Alves Costa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1980 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
Vila Nova de Famalicão, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Flórida (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata

Páxina webtiagoalvescosta.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: tiago.costa1 Twitter: MartinhoDanta Instagram: tiagoalves_costa AELG: 535 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciouse en Publicidade na Universidade de Florida cunha posgraduación en Creatividade e Innovación na Tompkins Cortland Community College (E.U.A.).[1] A súa vida profesional e literaria tense desenvolvido sobre todo en Galiza onde é un elemento activo na dinamización de proxectos que teñan o obxectivo de pór en contacto as manifestacións artísticas, culturais e humanas entre Portugal e o berce histórico da lusofonía, a Galiza.

En 2017 tornouse o primeiro escritor portugués en formar parte da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega). Ese mesmo ano tornouse membro da AGAL (Associaçom Galega da Língua). As súas obras "Mecanismo de Emerxência" e "Žižek Vai ao Ginásio"[2] foron ambas as dúas editadas na Galiza pola Através Editora e foron Mención de Honra no Prémio Internacional de Poesia Glória de Sant´Anna. A súa obra poética ten sido publicada internacionalmente en diversas revistas así como antoloxias, como a Antología de Poesía Iberoamericana Actual[3] (ExLibric, 2018) e a World Anthology Border: Blurred & Political (Borders in Globalization Review, Canadá 2021).

Desde 2017 ten colaborado co artista e director de cinema Roi Fernández na creación de videopoemas a partir dos seus textos "Assobiar com os Dedos" e "Os Americanos". En 2021 estreouse na escrita para teatro coa peza CUBO[4] producida pola compañía galega “Elefante Elegante“, obra finalista dos XXVI Premios de Teatro María Casares.[5] A súa obra A Porta do Recoñecemento foi premiada na 27ª edición do prestixiado Certame de Narración Breves Manuel Murguía (Arteixo). A súa obra xoga co hibridismo mesturando a poesía e o diálogo co xénero teatral e o microconto.

Residente na Coruña, foi codirector da revista dixital de artes e letras Palavra Comum de 2018 a 2023, e colaborador de Através Editora e Asymptote. Fai parte do consello editorial da revista mozambicana de artes e letras Kilimar.

Actualmente é editor e fundador da revista Quiasmo - Artes, Letras e Ciencia.

É o coordinador da Antoloxía de Poesía en Lingua Portuguesa "A Boca no Ouvido de Alguén".[6] A antoloxía reúne 42 poetas nados a partir de 1975 e cuxos países de orixe son Galicia, Brasil, Portugal, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Angola, Mozambique e Guiné-Bissau. Unha obra baixo a chancela da Através Editora.

Obras editar

Obra colectiva editar

Premios editar

  • Premio na 27ª edición do Certame de Narración Breves Manuel Murguía [15] por A Porta do Recoñecemento.
  • XXVI Premios de Teatro María Casares por CUBO.[16]
  • Prémio Literário Glória de Sant'Anna, 2017.[17]
  • Prémio Literário Glória de Sant'Anna, 2020 [18]

Notas editar

  1. "Tiago Alves Costa". www.aelg.gal. Consultado o 2022-05-02. 
  2. "Edições Macondo - Žižek Vai ao Ginásio". Edições Macondo. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-29. 
  3. "ANTOLOGIA DE POESIA IBEROAMERICANA ACTUAL | FRANCISCO ALFONSO BERLANGA REYES- | Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2018-08-08. Consultado o 2021-11-02. 
  4. "Elefante Elegante :: Teatro Infantil y Familiar, CUBO - Elefante Elegante". elefanteelegante.net (en castelán). Consultado o 2022-05-02. 
  5. "Un total de 14 espectáculos competirán como finalistas nos XXVI...". aaag.gal. Consultado o 2022-05-02. 
  6. "CLUBE". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 2023-03-12. 
  7. "W.C constrangido". Goodreads (en inglés). Consultado o 2021-10-29. 
  8. "Mecanismo de Emergência". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 2021-10-29. 
  9. "Escrever o cansaço incansável: Žižek Vai ao Ginásio". Palavra Comum (en portugués). 2021-03-02. Consultado o 2021-10-29. 
  10. "Edições Macondo - Žižek Vai ao Ginásio". Edições Macondo. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-29. 
  11. "A boca no ouvido de alguém". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 2023-03-24. 
  12. "A secreta melancolía da garza. Certame de Narracións Breves Manuel Murguía 2016-2018". Editorial Galaxia. 
  13. tiagoalvescosta (2021-06-23). "World Anthology of Border Poetry: Blurred Political (Canadá)". Tiago Alves Costa (en portugués). Consultado o 2022-05-02. 
  14. "ANTOLOGIA DE POESIA IBEROAMERICANA ACTUAL | FRANCISCO ALFONSO BERLANGA REYES- | Casa del Libro". casadellibro (en castelán). 2018-08-08. Consultado o 2022-05-02. 
  15. Redacción. "Charo Pita é a gañadora do 27º Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo". fervenzasliterarias.gal. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-29. 
  16. "Un total de 14 espectáculos competirán como finalistas nos XXVI...". aaag.gal. Consultado o 2022-05-01. 
  17. "'Mecanismo de Emergência', finalista no Glória de Sant'Anna 2017". Portal Galego da Língua - PGL.gal (en portugués). 2017-04-11. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-29. 
  18. OvarNews. "Finalistas do 8.º Prémio Literário Glória de Sant’Anna". OvarNews (en portugués). Consultado o 2021-10-29. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar