Espinho, Portugal

concello portugués do distrito de Aveiro

Coordenadas: 41°0′30″N 8°38′30″O / 41.00833, -8.64167

Espinho é unha cidade portuguesa pertencente ao distrito de Aveiro, ten preto de 21.589 habitantes. A cidade está incluída na Rexión Norte e sub rexión do Grande Porto, pertencendo aínda á Grande Área Metropolitana de Porto.

Espinho, Portugal
Pt-esp3.png
ESP1.png
Espinho 1 (Portugal).jpg
Praia da Baía
Localización
LocalEspinho.svg
PaísFlag of Portugal.svg Portugal
RexiónNorte
SubrexiónGrande Porto
DistritoAveiro
Xeografía
Superficie41,66 km²
Demografía
Poboación31.786 hab. (2011)
Densidade1.505,73 hab/km²
Outros datos
Código postal4500-... Espinho
AlcaldeJoaquim José Pinto Moreira
cm-espinho.pt

Espinho é a sede dun pequeno municipio urbano, con 21,11 km² de área e 31.786 habitantes (en 2011), subdividido en 5 freguesías. O municipio limita ao norte co municipio de Vila Nova de Gaia, ao leste con Santa María da Feira, ao sur con Ovar e ao oeste co Océano Atlántico.

FreguesíasEditar

As cinco freguesías que forman Espinho son as seguintes:

  • Anta
  • Espinho
  • Guetim
  • Paramos
  • Silvalde

HistoriaEditar

 
Castro de Ovil, Espinho: aspecto dunha das estruturas.

As orixes de Espinho están nun grupo de pescadores que alí establecéronse pola grande abundancia de peixes, pernoctando en refuxos improvisados, moitas veces utilizando as propias embarcacións como cuberta.

Xa en tempos do Imperio Romano na rexión existía un castro chamado Castro de Ovil, poboación referenciada por primeira vez nun documento de 1013 despois da era actual, que asentábase nun pequeno outeiro de forma circular rodeado por un foxo ao Norte e ao Nacente e por unha ribeira ao Sur e Poñente, actualmente encóntrase na freguesía de Paramos.

Espinho é unha cidade famosa pola súa centenaria feira, gastronomía, ofertas varias nas áreas do turismo, gastronomía e lecer, e polo Casino Solverde[1].

O concello foi creado en 1899 por desmembramento de Santa Maria da Feira.

PoboaciónEditar

IrmandadaEditar

O concello de Espinho está irmandado coas seguintes cidades:[2]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Fonte: Agenda Cultural de Espinho (2004)
  2. Geminações de Cidades e Vilas

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar