Thylacinus

xénero de mamíferos

Thylacinus
Rango fósil: oligoceno - actualidade

O derradeiro lobo marsupial
(Thylacinus cynocephalus),
fotografado en 1933 no zoo de Hobart, Tasmania
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Marsupialia
Magnorde: Australidelphia
Superorde: Eometatheria
Orde: Dasyuromorphia
Familia: Thylacinidae
Xénero: Thylacinus
Temminck, 1824
Especies
Véxase o texto

Thylacinus é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos dasiuromorfos, o tipo da extinta familia dos tilacínidos,[1][2] que integraba varias especies de marsupiais carnívoros que viviron en épocas pasadas, dese o oligoceno, en Australia, e das que a única que chegou a vivir en épocas recentes, o lobo marsupial (T. cynocephalus), se extinguiu en 1936.[3]

Etimoloxía editar

O xénero foi descrito por primeira vez en 1824 polo naturalista neerlandés Coenraad Jacob Temminck, no volume 1 da súa obra Monographies de mammalogie, publicada en Paría e Leiden, por Dufour e d'Ocagne, en 1827.[1]

O nome que lle deu ao xénero, Thylacinus, está formado pola palabra do grego antigo θύλακος thýlakos, "bolsa", "saco" (en alusión ao marsupio das súas femias), coa desinencia do latín científico -inus, "-ino".

Sinónimos editar

Ademais do nome que lle deu Temminck, o xénero coñeceuse ao longo da historia cos sinónimos:[1]

  • Lycaon Wagler, 1830
  • Paracyon Gray, 1843
  • Peralopex Gloger, 1841

Taxonomía editar

Especies editar

Filoxenia editar

A continuación preséntase un cladograma baseado na análise filoxenética sobre as relacións das especies de Thylacinus, estudadas por Yates.[4]

Thylacinus

Thylacinus macknessi

Thylacinus potens

Thylacinus megiriani

Thylacinus yorkellus

Thylacinus cynocephalus

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
  • McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
  • Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
  • Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
  • "Dasyuromorphia" en Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar