O Tholos de Atenas era un edificio circular (tholos) situado na ágora. Foi construído no -465, despois da destrución por Xerxes I no -480, durante as Guerras médicas, dun monumento máis antigo que tiña a mesma función[1].

Tholos de Atenas
Coordenadas37°58′30″N 23°43′19″L / 37.974877, 23.72191Coordenadas: 37°58′30″N 23°43′19″L / 37.974877, 23.72191
editar datos en Wikidata ]

Era a sede dos Prítanes, os 50 concelleiros que presidían á súa vez a Bulé. Estes maxistrados exercían o poder executivo durante un mes[2], e segundo Aristóteles reuníanse alí para comer xuntos, a costa do Estado durante a duración do seu mandato. Este lugar tiña, polo tanto, a función de cociña e comedor, sendo tamén un lugar central das actividades económicas da polis. Conservábanse alí os patróns de medidas utilizados para controlar as transaccións comerciais[3].

Segundo Pausanias

Preto do Buleuterio atopábase o Tholos, onde os prítanes fan sacrificios, e hai algunhas imaxes, non grandes, feitas de prata.
Pausanias. Descrición de Grecia, I, 5, 1

Estaba formado por unha estancia de planta circular sostida por seis columnas centrais cunha porta que se abría ao lado oeste. O tellado era cónico e estaba cuberto en parte con tellas de terracota (algunhas están no museo da Acrópole) e en parte con tellas de bronce[1].

  1. 1,0 1,1 Howatson, M. C. (et al.) (2001). Dictionnaire de l'Antiquité: mythologie, littérature, civilisation. París: R. Laffont. p. 995. ISBN 9782221068007. 
  2. Vasiliki, Christopoulo. Ministerio de Cultura de Grecia, ed. "Tholos at the Ancient Agora". Odysseus. 
  3. Aristóteles. Constitución de Atenas, XLIII, 3; XXIV, 3

Véxase tamén

editar