O Buleuterio (en grego : βουλευτήριον) é o edificio onde se reunía a bulé, o consello, nas cidades da antiga Grecia. De acordo co nome específico desta institución nas diferentes cidades, podería levar outro nome: por exemplo, Sinedrion en Mesene ou Gerontikón en Nisa[1].

Restos do Buleuterio de Akrai.

Bouleuterio de Atenas

editar

Na ágora ateniense construíronse dous bouleuterios, cada un nun período diferente. O máis antigo é o Metroon.

Do -415 ao -406, construíuse un novo buleuterio ao oeste do antigo. As razóns desta nova construción permanecen escuras. O novo edificio era de forma rectangular e medía 16 por 22 metros. Hoxe só fican os alicerces, cousa que non permite esclarecer a construción.

Véxase tamén

editar
  1. Diccionario de Arte I. Barcelona: Spes Editorial SL (RBA). 2003. p. p.70. ISBN 84-8332-390-7. 

Ligazóns externas

editar