Theodore Edward Cantor

zoólogo danés

Theodore Edward Cantor, tamén coñecido por Theodor Edvard Cantor (o seu nome de necemento), nado en 1809 en Copenhague e finado en 1860 na India, foi un médico, botánico e zoólogo danés.[1]

Theodore Edward Cantor
Nome de nacementoTheodor Edvard Cantor
Nacemento1809
 Copenhague
Falecemento1860
 India
NacionalidadeDinamarca
Alma máterUniversidade de Halle
Ocupaciónmédico, botánico, zoólogo
EstudosDoutor en medicina
OrganizaciónCompañía Británica das Indias Orientais
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nacido no seo dunha familia xudía danesa,[2] Cantor estudou medicina en Halle (Alemaña) obtendo en 1833 o grao de doutor en medicina.

Traballou para a Compañía Británica das Indias Orientais, para a que fixo coleccións de historia natural en Penang e Malaca.

No campo científico da herpetoloxía describiu moitas novas especies de réptiles e anfibios.[3] Pelochelys cantorii, comunmente coñecida como tartaruga de coiraza branda xigante de Cantor, chámase así no seu honor.[4]

E no campo da ictioloxía, describiu, entre outros taxons, o xénero Spondyliosoma.[5][6]

PublicaciónsEditar

AbreviaturasEditar

A abreviatura Cantor emprégase para recoñeer a Theodore Edward Cantor como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

A abreviatura Cantor emprégase para recoñeer a Theodore Edward Cantor como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[7]

NotasEditar

  1. Bretschneider, E. (2011). History of European Botanical Discoveries in China. Bod Third Party Titles. p. 359. ISBN 978-3-86347-165-1. Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  2. "Natural history publications arising from Theodore Cantor’s visit to Chusan, China, in 1840" Archives of Natural History 43 (1) [2016]: 30–40. Edinburgh University Press, I. M. Turne, p. 36.
  3. The Reptile Database
  4. Beolens, B.; Watkins M. & Grayson M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Cantor", p. 47).
  5. Spondyliosoma Cantor, 1849 no WoRMS.
  6. Spondyliosoma Cantor, 1849 no ITIS.
  7. Theodore Edward Cantor (1809-1854) no IPNI.