The River
The River é unha serie estadounidense de temática paranormal que se estreou o 7 de febreiro de 2012 nos Estados Unidos. A serie emitiuse na canle americana ABC. Foron producidos oito episodios para a primeira temporada.[1] A serie emitiuse dende o 7 de febreiro de 2012 ata o 20 de marzo de 2012.[2] O 11 de maio de 2012, ABC cancelou oficialmente a serie.[3]
The River | |
---|---|
Formato | Fantástico, Drama |
Creado por | Oren Peli Michael R. Perry |
Desenvolvido por | Samantha Thomas Robert D. Simon Jaume Colliet-Serra Ryan DeGard Hilton H. Smith |
Intérpretes | Bruce Greenwood Joe Anderson Leslie Hope Eloise Mumford Paul Blackthorne Thomas Kretschmann Daniel Zacapa Shaun Parkes Paulina Gaitán |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Oren Peli Jason Blum Steven Schneider Darryl Frank Justin Falvey Zack Estrin Michael Green Steven Spielberg |
Localización(s) | Porto Rico (piloto) Oahu |
Duración | 43 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | ABC |
Formato de imaxe | 720p (HDTV) |
Primeiro episodio | 7 de febreiro de 2012 |
Derradeiro episodio | 20 de marzo de 2012 |
Na rede | |
http://abc.go.com/shows/the-river | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarO famoso explorador Dr. Emmet Cole (Bruce Greenwood) foi na busca da "maxia" na profundidade do Amazonas, pero desaparece misteriosamente. O segredo da súa desaparición está aí fóra, agardando a ser descuberto. Seis meses despois, o seu fillo Lincoln (Joe Anderson); quen mantiña unha difícil relación co seu pai, está listo para soterrar o pasado, pero a baliza do barco do seu pai acende de súpeto. Ante a insistencia da súa nai (Leslie Hope), Lincoln únese a ela na procura do seu pai. Para financiar o rescate, acordan co astuto ex-produtor, Clark Quitely (Paul Blackthorne) gravar a expedición e emitila en televisión como un documental. Na expedición atópanse vellos amigos como a filla dun cámara desaparecido, Lena Landry (Eloise Mumford), o mecánico do Magus, Emilio Valenzuela (Daniel Zacapa)e o garda de seguridade, o capitán Kurt Brynildson (Thomas Kretschmann).
Personaxes
editar- Bruce Greenwood como Dr. Emmet Cole
- Joe Anderson como Lincoln Cole
- Leslie Hope como Tess Cole
- Eloise Mumford como Lena Landry
- Paul Blackthorne como Clark Quietly
- Thomas Kretschmann como Capitán Kurt Brynildson
- Daniel Zacapa como Emilio Valenzuela
- Shaun Parkes como Andres Jude (A.J.) Poulain
- Paulina Gaitán como Jahel Valenzuela
- Katie Featherston como Rosetta "Rabbit" Fischer
- Scott Michael Foster como Jonas Beckett
Notas
editar- ↑ Schneider, Michael (8 de xullo de 2011). "Networks Put in Short Orders for Next Season". TV Guide. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2011.
- ↑ Gorman, Bill (28 de novembro de 2011). "ABC Mid-Season Premieres: 'GCB', 'The River,' 'Missing,' "Work It,' 'Shark Tank,' 'Wipeout,' 'Celebrity Wife Swap,' 'Dancing With The Stars'". TVbytheNumbers. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2011. Consultado o 29 de novembro de 2011.
- ↑ "Updated (3): ‘Don’t Trust The B in Apt 23,’ ‘Scandal’ Renewed by ABC for Second Seasons; ‘GCB’ Canceled – Ratings | TVbytheNumbers". Tvbythenumbers.zap2it.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2012. Consultado o 2012-05-12.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)