The Last of Us

videoxogo de 2013

The Last of Us é un videoxogo de acción e horror desenvolvido por Naughty Dog e distribuído por Sony Computer Entertainment exclusivamente para a PlayStation 3. Foi estreado oficialmente o 10 de decembro de 2011, durante a Spike TV Video Game Awards e a súa estrea mundial fíxose o 14 de xuño de 2013.

The Last of Us
Desenvolvedor(es)Naughty Dog
Distribuidora(s)Sony Computer Entertainment
Director(es)Bruce Straley
Neil Druckmann
Deseñador(es)Jacob Minkoff
Artista(s)Erick Pangilinan
Nate Wells
Compositor(es)Gustavo Santaolalla
MotorIn-house engine[1]
Havok (físicas)
Lanzamento14 de xuño de 2013
XéneroAcción, aventura, supervivencia e horror
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Clasificación PEGI
CERO
USK
Plataforma(s)PlayStation 3
Formato(s)Blu-ray, descarga
Na rede
Páxina oficial
IMDB: tt2140553 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O xogador ten o control de Joel (voz e movementos de Troy Baker), que está viaxando a través duns Estados Unidos postapocalípticos no ano 2033, coa fin de acompañar a Ellie (voz e movementos de Ashley Johnson) cara a un grupo de resistencia, os Fireflies, que segundo cre Ellie, pode ser a chave para atopar a cura da infección que devastou o mundo. O xogador debe defender á personaxe de criaturas semellantes a zombis, que foron infectadas por unha mutación do fungo Cordyceps, así como de humanos hostís como bandidos e caníbales. Para iso, deberá empregar armas de fogo e o sixilo, así como pola capacidade dunha representación visual do son coa fin de escoitar os inimigos agochados nos distintos lugares. O xogador tamén poden crear armas e obxectos médicos pola combinación de elementos recollidos polo mundo.

The Last of Us recibiu críticas que louvaron o seu guión, a actuación de voz, o deseño do son e dirección de arte. A súa narrativa foi aclamada pola caracterización das personaxes e a descrición da condición humana, que atinxe temas coma o sacrificio, a lealdade, o destino e a esperanza.

En 2022 rodouse unha serie homónima en Alberta, Canadá, baseada no videoxogo e emitida en HBO.[2]

Notas editar

  1. PS3 (20 de maio de 2012). Playstationlifestyle.net, ed. "Naughty Dog on The Last of Us’ Graphics Engine Improvements". Consultado o 12 de xullo de 2013. 
  2. Sepinwall, Alan; Sepinwall, Alan (2023-01-10). "'The Last of Us': A Finer Version of 'The Walking Dead' and HBO's Next Big Hit". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2023-02-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.