The Four Feathers
The Four Feathers é un filme británico-estadounidense dirixido por Shekhar Kapur que se estreou no 2002. O filme baséase na novela homónima de A.E.W. Mason.
The Four Feathers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Four Feathers |
Director | Shekhar Kapur |
Produtor | David Hoberman M. Night Shyamalan Gary Lucchesi Sam Mercer Tom Rosenberg Richard S. Wright Ted Tannenbaum Barry Mendel Sigurjon Sighvatsson Stanley R. Jaffe James McQuaide Todd Lieberman Marty Katz Paul Feldsher |
Guión | Mark Pellington Bruce Joel Rubin Greg Brooker Michael Schiffer Risa Bramon Garcia Hossein Amini |
Baseado en | The Four Feathers de A.E.W. Mason |
Intérpretes | Heath Ledger Wes Bentley Djimon Hounsou Kate Hudson |
Música | James Horner Rahat Nusrat Fateh Ali Khan |
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe | Andrew Mondshein Conrad Buff David Brenner Jim Miller Steven Rosenblum |
Estudio | Blinding Edge Pictures Lakeshore Entertainment Mandeville Films |
Distribuidora | Paramount Pictures (USA) Miramax Films (Internacional) |
Estrea | 2002 |
Duración | 131 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Acción, Drama |
Orzamento | $35.000.000[1] |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-four-feathers | |
Sinopse
editarHarry Feversham é un soldado británico admirado polos seus compañeiros e considerado como un dos mellores do seu rexemento. Apaixonadamente leal á súa fermosa prometida, Ethne, a Harry preséntaselle un prometedor futuro no exército e unha vida feliz xunto á muller que ama. Pero cando un exército de sudaneses rebeldes ataca a fortaleza colonial británica en Khartún e o seu rexemento é chamado a filas para loitar, Harry séntese embargado polas dúbidas e renuncia á misión antes de embarcar cara África. Conmocionado pola decisión do seu fillo, o padre de Harry renega del. Asumindo que está acovardado, tres dos mellores amigos de Harry e Ethne, envíanlle unha pluma branca, un símbolo de covardía, xa que ningún deles pode entender a reacción de Harry.
Personaxes
editar- Heath Ledger como Harry Faversham
- Wes Bentley como Jack Durrance
- Djimon Hounsou como Abou Fatma
- Kate Hudson como Ethne Eustace
- Rupert Penry-Jones como Tom Willoughby
- Kris Marshall como Edward Castleton
- Michael Sheen como William Trench
- Alex Jennings como Coronel Hamilton
- James Cosmo como Coronel Sutch
- Angela Douglas como Tía Mary
- Tim Pigott-Smith como Xeneral Feversham
- Lucy Gordon como Isabelle
- James Hillier como Borracho
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en TCM (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)