The Dragon Prince

serie de televisión de animación

The Dragon Prince, tamén coñecida como The Dragon Prince: Mystery of Aaravos após o lanzamento da cuarta tempada, é unha serie de televisión fantástica de animación por ordenador creada para Netflix por Aaron Ehasz e Justin Richmond,[1][2] producida por Wonderstorm e animada por Bardel Entertainment. A serie relata as aventuras dos príncipes irmáns Callum e Ezran e a elfa Rayla, que deben coidar do príncipe dragón Azymondias e rematar o conflito entre os reinos humanos e as criaturas máxicas do reino de Xadia, do que proveñen as sete fontes primarias da maxia.

The Dragon Prince
FormatoSerie de televisión
Creado porAaron Ehasz
Justin Richmond
Dirixido porVillads Spangsberg
Giancarlo Volpe
IntérpretesVoces en inglés:
Jack DeSena
Paula Burrows
Sasha Rojen
Jason Simpson
Racquel Belmonte
Jesse Inocalla
País de orixeEstados Unidos de América
Canadá
Lingua(s)Inglés
Temporadas4
Episodios36
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Aaron Ehasz
Justin Richmond
Justin Santistevan
Giancarlo Volpe
Delna Bhesania (tempadas 1-2)
Richard Grieve
Gigi Pritzker (tempadas 1-2)
Tina Chow (tempada 3)
Clint Kisker (tempada 3)
Duración25-33 minutos
DistribuidorNetflix (América do Norte)
PGS Entertainment (internacional)
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio14 de setembro de 2018
Na rede
https://thedragonprince.com/
IMDB: tt8688814 Filmaffinity: 667689 Allocine: 23828 Rottentomatoes: tv/the_dragon_prince
Facebook: dragonprinceofficial Twitter: thedragonprince Instagram: dragonprinceofficial Tumblr: dragonprinceofficial Youtube: UCPn8cnHhLHMQrGCmS0K5aBQ Netlix: 80212245Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie foi aclamada pola crítica polo seu guión, a súa temática, a actuación de voz, a súa animación e o seu humor. A primeira tempada estreouse o 14 de setembro de 2018. A segunda o 15 de febreiro de 2019 e a terceira o 22 de novembro de 2019. A cuarta tempada estreouse o 3 de novembro de 2022, despois dun hiato de 3 anos. A serie renovou contrato por outras tres tempadas máis,[3] con cadanseus nove episodios.[4] Hai en desenvolvemento un videoxogo ambientado no mesmo mundo da serie.[5]

Sagas e episodios editar

Libro Saga Título Episodios Data de emisión
1 The Dragon Prince Moon 9 14 de setembro de 2018
2 Sky 9 15 de febreiro de 2019
3 Sun 9 22 de novembro de 2019
4 Mystery of Aaravos Earth 9 3 de novembro de 2022

Notas editar

  1. "Justin Richmond". IMDb. 2019. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  2. Patches, Matt; Haasch, Palmer (21 de xullo de 2018). "Avatar: The Last Airbender team's new Netflix show The Dragon Prince drops first trailer". Polygon. Consultado o 21 de xullo de 2018. 
  3. "The Dragon Prince Renewed for Four More Seasons, Will Finish Saga on Netflix - IGN" (en inglés). 24 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  4. Freeman, Molly (25 de xullo de 2020). "Dragon Prince Renewed For FOUR More Seasons At Netflix". Screen Rant. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  5. Clark, Nicole; Zaragoza, Alex (17 de xaneiro de 2019). "Get Hyped for the Upcoming 'Dragon Prince' Game". Vice. Consultado o 18 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar