The Claypool Lennon Delirium

The Claypool Lennon Delirium é unha banda estadounidense de rock psicodélico composta polo baixista e vocalista Les Claypool, coñecido polo seu traballo con Primus, e o guitarrista e vocalista Sean Lennon, fillo de John Lennon.

The Claypool Lennon Delirium
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Período2015 - presente
Xénero(s)rock psicodélico, art rock, rock experimental, rock progresivo
Selo(s) discográfico(s)ATO Records, Prawn Song Records, Chimera Music
MembrosLes Claypool
Sean Lennon
Artistas relacionadosSean Lennon, Holy Mackerel, Les Claypool's Frog Brigade
Na rede
Web oficial
Bandcamp: theclaypoollennondelirium Musicbrainz: c8d60780-4293-43e2-8e9e-3532a430d748 Songkick: 8747989 Discogs: 5026586 Allmusic: mn0003475083 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Originally conceived in 2015, sabendo Claypool que Primus ía tomarse un ano de descanso despois de xirar con The Ghost of a Saber Tooth Tiger e Dinosaur Jr. Mantívose en contacto con Sean Lennon, vocalista de The Ghost of a Saber Tooth Tiger, que non tiña ningún proxecto musical planeado ara o ano seguinte.[1]

Comezaron tendo ideas de facer un disco de rock psicodélico e rock progresivo da vella escola. Claypool convidou a Lennon á súa casa de invitados a beber viño, intercambiar algunhas ideas e tocar a batería.[2]

Durante seis semanas compuxeron e gravaron un total de dez cancións cos dous compartindo varias responsabilidades vocais e instrumentais, indo máis aló dos seus instrumentos principais (baixo e guitarra), culminando o traballo coa edición do seu primeiro álbum de estudio, Monolith of Phobos. O disco estreouse no top 10 de tres listas da Billboard: Top Vinyl Albums, Top Tastemakers Albums e Top Alternative Albums.[3]

O 22 de febreiro de 2019 o dúo publicou o seu segundo álbum de estudio, South of Reality. O disco foi composto e gravado en dous meses no estudio caseiro de Claypool en California, e foi precedido polo lanzamento do tema de seis minutos e medio de lonxitude "Blood and Rockets". O dúo iniciou unha breve xira para promocionar o álbum a finais de 2018.[4]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Monolith of Phobos 2016 ATO Records
South of Reality 2019 ATO Records

Notas editar

  1. Fortune, Drew; Fortune, Drew (2016-05-26). "Hear the Claypool Lennon Delirium's Outlandish Debut". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-01-11. 
  2. "Album Review: The Claypool Lennon Delirium - Monolith of Phobos". Consequence of Sound (en inglés). 2016-06-01. Consultado o 2020-01-11. 
  3. "Claypool Lennon Delirium". Billboard. Consultado o 2020-01-10. 
  4. "The Claypool Lennon Delirium share "Easily Charmed by Fools", announce 2019 tour dates: Stream". Consequence of Sound (en inglés). 2018-12-11. Consultado o 2020-01-10. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar