The Cider House Rules
The Cider House Rules é un filme estadounidense estreado no Festival de Cine de Venecia en 1999 dirixido polo sueco Lasse Hallström, autor de filmes como Mitt liv som hund, What's Eating Gilbert Grape ou Algo de que falar. e gañou o Globo de Ouro ao mellor guión. Tamén conseguiu sete candidaturas aos Oscars.
As normas da casa da sidra | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Cider House Rules |
Director | Lasse Hallström |
Produtor | Richard N. Gladstein |
Guión | John Irving |
Intérpretes | Tobey Maguire Michael Caine Charlize Theron Paul Rudd Delroy Lindo Erykah Badu |
Música | Rachel Portman |
Fotografía | Oliver Stapleton |
Montaxe | Lisa Zeno Churgin |
Distribuidora | Miramax Films |
Estrea | 1999 |
Duración | 126 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | $24.000.000 (estimado) |
Baséase na novela de John Irving, The Cider House Rules, da que el mesmo realizou o guión. Outros directores emprenderon o proxecto de realizar a adaptación, como Ang Lee ou Michael Winterbottom, pero abandonárono debido a discrepancias co autor da novela.
ArgumentoEditar
Homer Wells (Tobey Maguire) é un orfo que vive no estado de Maine durante a década de 1930. Medrou no orfanato de St. Cloud's baixo a tutela do Dr. Wilbur Larch (Michael Caine), que nunca deixou de preocuparse polos cativos que ten a cargo no hospicio. Mais cando Homer se fai un home, e se dá conta das posibilidades que lle brinda a vida, empeza a dubidar e a cuestionar os métodos e a lóxica que o doutor lle ensinou. O Dr. Larch realiza abortos secretamente, e ilegalmente, e adestra a Homer para que sigas os seus pasos.
Homer decide deixar o orfanato con Candy Kendall (Charlize Theron) e o namorado dela, Wally Worthington (Paul Rudd). Logo, cando Wally vai loitar na Segunda Guerra Mundial, Homer e Candy estreitan amizades. Máis tarde, o avión de Wally é abatido, deixándoo paralizado da cintura para baixo. Cando el volta para a casa, Candy decide que ela debe coidar del e non ficar con Homer.
O Sr. Rose (Delroy Lindo) e seus compañeiros son traballadores migrantes que están empregados temporalmente na plantación de mazairas da familia Worthington. O Sr. Rose empreñou á súa propia filla (Erykah Badu), e Homer, que desaproba o aborto, percibe que neste caso en particular el debe realizarllo a ela. Mais tarde, cando o Sr. Rose tenta abusar de novo da súa filla, ela acoitelarao. O desexo del, moribundo, é que os outros traballadores lle digan a policía que a súa morte foi por suicidio.
Despois da morte accidental do Dr. Larch, Homer decide retornar ao orfanato e exercer o exercicio de novo director. No final do filme, descóbrese que o doutor falsificara o rexistro médico de Homer para evitar que se fora para a guerra.
Elenco principalEditar
- Tobey Maguire ... Homer Wells
- Charlize Theron ... Candy Kendall
- Delroy Lindo ... Sr. Rose
- Paul Rudd ... Wally Worthington
- Michael Caine ... Dr. Wilbur Larch
- Jane Alexander ... Enfermeira Edna
- Kathy Baker ... Enfermeira Angela
- Erykah Badu ... Rose Rose
- Kieran Culkin ... Buster
Tobey Maguire substituíu a Leonardo DiCaprio co que o director xa traballara en What's Eating Gilbert Grape. Foi a primeira interpretación no cinema de Michael Caine dende Little Voice.
GalardónsEditar
Óscar 1999Editar
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Óscar ó mellor filme | Candidata | |
Oscar ao mellor director | Lasse Hallström | Candidato |
Oscar ao mellor actor secundario | Michael Caine | Gañador |
Oscar ao mellor guión adaptado | John Irving | Gañador |
Óscar á mellor banda sonora | Rachel Portman | Candidata |
Óscar á mellor dirección artística | David Gropman Beth Rubino |
Candidatos |
Óscar á mellor montaxe | Lisa Zeno Churgin | Candidata |
Globos de OuroEditar
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
Globo de Ouro ao mellor actor secundario | Michael Caine | Candidato |
Globo de Ouro ao mellor guión | John Irving | Candidato |