The Bottom (antes Botte) é a capital e a cidade máis grande da illa de Saba,[1] no Caribe neerlandés, e é a primeira parada no camiño dende o porto de Saba en Fort Bay cara ao resto da illa. Ten aproximadamente 500 habitantes do total de 1.991 insulares.

Modelo:Xeografía políticaThe Bottom
Imaxe

Localización
Mapa
 17°37′34″N 63°14′57″O / 17.6261, -63.2492Coordenadas: 17°37′34″N 63°14′57″O / 17.6261, -63.2492
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos
IllaSaba Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación495 (2006) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude7 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Historia editar

A cidade fundouse en 1632 por colonos procedentes de Zelandia. O nome orixinal da cidade era De Botte, unha antiga palabra neerlandesa para facer referencia a unha "cunca". O nome fai alusión á súa localización nun val relativamente plano rodeado de montañas. "The Bottom" (o fondo) é unha corrupción inglesa deste nome. Ao contrario do que suxere o seu nome, a cidade está a uns 220 msnm.

Pronto, os primeiros pobos zelandeses foron superados en número polos mariñeiros e piratas de Irlanda e Escocia, por un lado, e polos escravos africanos por outro. A illa volvéuse tan anglófona que o nome en inglés (The Bottom) convertéuse no máis común.

Linguas editar

Os habitantes xeralmente falan neerlandés, por ser colonizados por eles e dependentes do Reino dos Países Baixos.

Tamén se pode atopar xente que domina o español, grazas a súa proximidade con países de fala española como Venezuela e Colombia.

Tamén se falan linguas nativas como o papiamento, oficial en toda a illa de Saba e en case todas as Antillas Menores, como Aruba, Curaçao e Bonaire.

Clima editar

Datos climáticos para The Bottom, Saba (1971–2000)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 30,4 30,8 30,7 31,7 31,9 32,5 32,8 33,2 33,2 32,1 32,0 31,1 33,2
Media máxima en °C 28,1 27,7 28,3 29,2 30,0 30,4 30,5 30,9 30,8 30,4 29,8 28,6 29,6
Media diaria en °C 25,7 25,3 25,7 26,6 27,4 28,1 28,1 28,5 28,5 28,2 27,4 26,3 27,2
Media mínima en °C 24,1 23,6 23,9 24,7 25,6 26,2 26,0 26,4 26,5 26,3 25,4 24,7 25,3
Temperatura mínima en °C 20,8 20,0 21,4 22,1 22,6 23,1 21,8 22,0 22,4 22,4 22,6 21,3 20,0
Chuvia media mm 36,8 75,3 35,4 28,1 95,9 44,4 60,8 77,0 60,5 35,5 134,5 76,5 760,5
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) 10,3 10,3 6,3 4,0 6,7 5,8 5,8 6,3 7,3 3,5 10,0 9,7 86,0
Humidade relativa media (%) 82,0 82,3 78,2 78,8 78,0 81,9 84,5 88,8 87,4 81,2 71,1 74,5 80,7
Fonte: Meteorological Department Curaçao[2]

Infraestrutura editar

The Bottom alberga oficinas do goberno, un hospital, unha residencia de anciáns, un campo deportivo, tres igrexas, unha biblioteca, varias tendas e os 200 estudantes da Escola de Medicina da Universidade de Saba.[1]

Eventos editar

Como capital da illa, The Bottom acolle varios eventos ao longo do ano. Durante o verán celébrase aquí o "Entroido de Saba". É un desfile cheo de cor acompañado da música de tambores de aceiro e artistas locais. É un evento moi esperado no calendario de Saba, xa que a maioría da illa xúntase para bailar, cantar e gozar do festival. O Entroido de Saba adoita durar uns días nos que a illa se centra na parte inferior.}

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 The villages of Saba (Saba Tourist Bureau)
  2. "The Bottom, Saba: Summary of Climatological Data, Period 1971-2000" (PDF). Meteorological Department Curaçao. Consultado o 22 de setembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar